Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

CSO A Insumisa

Aquí deixamos as alegacións a modo de resposta ao requerimento de desaloxo do CSO (vai con algo de retraso, mais mellor tarde que nunca):

AO CONCELLO DA CORUÑA

Expte. XXXXXXX

A Asemblea do Centro Social Okupado A Insumisa, notificado o acordo de iniciación de procedemento no expediente referenciado a Don XXXXX, con D. N.I. XXXXX e domicilio a efectos de notificacións en XXXXXX, formula as seguintes ALEGACIÓNS:

-Primeira- Alegamos que alegar alegacións é unha parvada, pois só serviría para dar aparencia garantista e democrática a unha decisión irrevogable tomada de antemán.

Alegamos que aleguemos o que aleguemos ídelo pasar pola cona.

-Segunda- Alegamos que non recoñecemos a autoridade das institucións post-fascistas do reino Borbónico. Comezando pola coroa e rematando polo servil concello lacaio que pretende desaloxarnos.

-Terceira- Co presente escrito o C.S.O. A Insumisa Declara Unilateralmente a súa Independencia do reino español, a Unión Europea e demáis artificiosas construcións sociais encamiñadas á submisión e o espolio do pobo soberano e da natureza. Declarámonos territorio autónomo, libre e autoorganizado; non suxeito ás leis clasistas e liberticidas do estado español nin dos seus esbirros do concello coruñés.

-Cuarta- Alegamos que concedemos ao consistorio e aos seus secuaces o máis que xeneroso prazo de 10 días hábiles para:

1ª- Depoñer a súa actitude hostil e represora cara a nosa okupa e demais Movementos Sociais.

2ª- Destinar o millón de euros que pretenden investir no terreo que nós okupamos para o Proxecto Cárcere. Os cartos sobrantes poderíanse empregar en equipamento e acondicionamento para os máis que suficientes 23 Centros Cívicos municipais. No canto de crear un novo, onde xa se desenvolve gratis o que agora pretenden facer cun inmenso gasto público.

3ª- Instauración da Renda Básica Universal.

4ª- Remunicipalización da O.R.A (aínda que quizá sería mellor a súa directa abolición).

5ª- Construción do carril bici.

6ª Despenalización do “Top Manta”.

7ª- Converter Coruña na cidade de acollida de refuxiados que prometestes e, xa de paso, conseguir aloxamento digno para todxs xs sen teito.

8ª- Rachar as relacións municipais coa banca privada.

9ª- Gratuidade do Transporte Público. Así como tamén da auga e o abastecemento eléctrico para as rendas baixas.

-Quinta- Ofertamos o xeneroso prazo de 30 días naturais para abolir o diñeiro, rematar coa propiedade privada, destruír o sistema tecnoindustrial, poñer fin ao patriarcado, rematar co traballo asalariado, restaurar a harmonía natural e proclamar incondicionalmente a Anarquía.

Atentamente:

A asemblea do C. S.O. A Insumisa.