Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Cristina Corral Soilán (AELG)-1.jpg

Cristina Corral Soilán, nada en Lugo en 1976, é unha escritora galega

Traxectoria

É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.

Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española. Colabora con diversas revistas como Xistral ou Trasluz e é editora do magazine cultural A revolta.[1]

Obra

Poesía

  • Anxos de pedra, 2001, Scio.
  • Esencia de trementina, 2008, Scio.

Literatura infanto-xuvenil

  • Irene en el Sáhara, 2011, Solidaridad Internacional.
  • Os poemas do río, 2012, Everest Galicia.
  • A historia fascinante da vaca rodante, 2013, Everest Galicia.
  • De paseo con Crunia, 2015, Embora.
  • De paseo con Paulo, 2015, Embora.

Obras colectivas

  • Un feixe de poesía na porta, 2013, A porta verde do sétimo andar.
  • Alén do silencio, 2014.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.

FACEBOOK

https://www.facebook.com/cristinacorralsoilan/?fref=ts