• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Xoves, 9 de febreiro de 2017

Conferencia de XOAQUÍN F. LEICEAGA Portavoz do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE A ENCRUCILLADA ECONÓMICA E POLÍTICA DE GALICIA Presentación: FRANCISCO CERVIÑO. Socio do foro Cívico

O club de opinión Foro Cívico cumpre 25 anos e ten programada unha serie de conferencias sobre os retos do novo Parlamento de Galicia, invitando aos protavoces dos grupos parlamentarios.

O xoves, 9 de febreiro ás 19,30 horas no salón de actos  da ONCE no Cantón Grande de A Coruña, falará Xoaquín F. Leiceaga, portavoz do PSdeG-PSOE:
A ENCRUCILLADA ECONÓMICA E POLÍTICA DE GALICIA
Como sempre, haberá coloquio.
Manuel Monge, secretario do Foro Cívico.
Xoaquín María Fernández Leiceaga.
Doutor en Ciencias Económicas e Profesor Titular do Departamento de Economía Aplicada da USC. Vicerreitor de Asuntos Económicos desa universidade (1990-1994) e Director do Instituto de Desenvolvemento e Investigación de Galicia (IDEGA) en 1998-1999 e 2012-2016. Concelleiro en Santiago de Compostela dende 1999 a 2007 e responsable de Facenda, Transportes e Reforma Administrativa. Deputado do Parlamento de Galicia (2005- 2011) e portavoz (2009-2011). Candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE en 2016. Pretendemos facer unha análise coidadosa, empirista, das dificultades e dos problemas que afronta Galicia. Non en branco e negro, en claroscuro. Hai matices necesarios, precisións obrigadas. Pero estamos convencidos de que, máis alá das opcións partidarias, o novo rumbo implica un cambio de cultura política: até o de agora a Xunta de Galicia fixo administración dos recursos recibidos, agora precisamos facer autonomía: definir un proxecto de país, con prioridades e opcións. Os ventos de cola deixaron de soprar. O obxectivo ten que ser facelo mellor que o resto das rexións competidoras. O nivel de esixencia é superior. E debemos actuar fóra e dentro. Necesitamos reformar a UE. Precisamos reforzar o peso de Galicia en España. Necesitamos un novo acordo social interno. Para incorporar a todos e non deixar a ninguén atrás. Necesitamos construír un proxecto político de longo alento e ampla base, reformista, democrático, progresista, que supere as barreiras de idade. Esta é a tarefa do noso tempo.