Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

o club de opinión Foro Cívico cumpre 25 anos e ten programada unha serie de conferencias sobre os retos do novo Parlamento de Galicia, invitando aos protavoces dos grupos parlamentarios.

Salón de actos  da ONCE no Cantón Grande A Coruña.

19:30 h.

Xoves, 23 de febreiro de 2017

Conferencia de LUÍS VILLARES

Portavoz do grupo parlamentario de En Marea

A DEMOGRAFÍA É O PROBLEMA?

Presentación: XOSÉ MANUEL SANDE · Concelleiro de Cultura

Luís Villares Naveira. Licenciado en Dereito pola USC, especialista en Dereito Civil de Galicia. Xuíz de carreira dende 2005. Coordinador en Galicia da Asociación Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega. Participa dende a Rede Armela na defensa dos dereitos sociais. Premio Lois Peña Novo 2012. Maxistrado na Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Candidato á presidencia da Xunta por En Marea nas eleccións de 2016. Existe un problema aparente no que calquera pode concordar, que é o devalo demográfico de Galicia, e por iso se fan constantes chamamentos a posicións unitarias para a súa solución. Pero non nos enganemos, a crise demográfica non é unha doenza, é un síntoma. O problema real do País é a incapacidade do seu poder político actual para intervir positivamente na súa evolución social, económica e cultural. O autogoberno non ten servido para mellorar as condicións de vida das maiorías sociais, e foi empregado simplemente para facer máis levadeira a inercia implosiva de Galicia. Os xestores da autonomía cren nunha Galicia minguante e conténtanse con xestionar o seu esmorecemento. Esta situación é reversible se nos dotamos dun proxecto político nacional que poña as institucións ao servizo do ben común, isto é, con políticas económicas e sociais que aseguren unhas condicións de vida dignas para toda a cidadanía e xeren expectativas dun futuro máis próspero. Os retos inmediatos son acadar un sistema de financiamento que nos permita ter marxe financeira para facermos políticas económicas propias que revertan a situación de implosión actual, recuperar dereitos sociais e culturais básicos perdidos durante a crise e ampliar outros xurdidos das novas demandas cidadás.