Hoxe no Pleno da Coruña NON se votaban os orzamentos (1); non se votaba como cremos que o fai o goberno municipal (2). Hoxe votábase se cremos que debe gobernar a Marea Atlántica ou o Partido Popular, por iso o voto do Bloque foi si. Un SI como unha casa (3).
(1) Aínda que con está cuestión de confianza quedarán aprobados os orzamentos 2017 e furtaráselle poder presentar alegacións ás asociacións veciñais, organizacións sociais, sindicais e a cidadanía en xeral. Só se poderán presentar “alegacións técnicas” (se hai un erro nas contas, se entendemos que incumpren a lei…)
(2) Porque se estivésemos avaliando o goberno da MA a nosa cualificación sería NM (xa sabedes, Necesita Mellorar) porque non se fixeron as obra prometidas en maio de 2016 para realizar durante o ano, obras pequenas moi demandadas polos barrios e que están sen executar máis do 90%; porque se deixou sen executar casa totalmente o orzamento da renda social municipal; porque non se aproveita a ocasións histórica do fin da concesión a unha empresa privada da compañía de tranvías e non se municipaliza para mellorar o servizo e baixar os prezos; porque non se fai realidade a moción aprobada en pleno da Comisión en Defensa do Común para esixir a devolución gratuíta a cidade da Solana, o Finisterre e os terreos dos peiraos; porque se externaliza multitude de traballo que poderían facer funcionari@s o último contratar a unha empresa externa o prego de condicións para o concurso da recollida do lixo; porque, ao igual que facía o PP, se mira para outra lado cando as empresas que teñen concesións de traballos municipais despiden as traballadoras… porque, porque..
(3) Porque cando hai que posicionarse contra Partido Popular, nós sempre estamos aí, SEN EXCUSAS, outros non poderán dicir o mesmo e algúns incluso antepuxeron os intereses partidistas a botar ao PP do goberno do estado…
Comentarios FACEBOOK.
Comentarios
Os malos resultados do BNG teñen causas moi complexas, das cales seguro que compartimos algunhas ti e eu. De calquera xeito a nosa vocación é maioritaria, gústanos pensar que s…Ver más
Os autobuses si melhoraron falan en bilingüe, miragre. Os semaforos non. As ruas non. Os carteis non. Suponho que se está niso. Sempre estamos niso.