Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

COMUNICADO MAV ❗️❗️

Dende Músicas Ao Vivo, queremos amosar a nosa gran preocupación polo impacto profundamente negativo que van ter sobre moitas formacións musicais algunhas das medidas contempladas na RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Por iso facemos público este comunicado previamente enviado ao Consello da Xunta de Galicia e á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

📌 http://musicasaovivo.gal/articles/view/521