Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

📢 COMUNICADO DA ASOCIACIÓN CULTURAL TOULIÑAPOP 📢🖤🐬 Touliñapop Festival 2023🖤🐬

Despois de entrevistarnos coa nova equipa de gobernho do Concello de Sada (CONCELLERÍA DE CULTURA E TURISMO), e amosarlle o proxecto do 🐬TOULIÑAPOP FESTIVAL 2023🐬, recibimos unha mensaxe por Whatsapp do que estraemos dúas ideas xerais:

✅“ O Concello de Sada non ten cartos pra apoiar ao TOULIÑAPOP FESTIVAL 2023”.

✅“ O TOULIÑAPOP FESTIVAL é competencia desleal á Hostalaría do Concello de Sada”.

🙏Por favor , non nos pidades explicacións… non as temos…perguntarlle a quen as teña que dar…

A día de hoxe , non vos podemos dicir nin onde nin coma se celebrará esta nova edición, mais podemos dicir que sí haberá Touliñapop 2023, nunha nova localización e con novas ubicacións dos concertos. Estamos a traballar en atopar unha solución o máis satisfactoria posibel pra todos… grupos, organización e por suposto, público…

✨Pedímosvos paciencia,nun prazo moi curto de tempo, esperamos darvos boas novas 😃💪non podemos perder tódolo traballo xa feito dende hai 6 meses (producción, contratacións…)💪
🐬A.C.TOULIÑAPOP🐬 

— en Sada, Galicia.
COMENTAS FACEBOOK
PREME NA LIGAZÓN: