• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


O pasado mércores a Comisión Aberta en Defensa do Común reuniu na casa de Concello a representantes de máis de sesenta colectivos , asociacións veciñais, culturais, sociais e forzas políticas para lembrar a necesidade de facer efectiva a moción presentada polo BNG a petición da Comisión e aprobada cos votos da Marea e BNG para esixir a devolución gratuíta da Solana e do hotel Finisterre. Nesa asemblea cidadá, unanimemente se lle reclamou ao goberno da Marea que loitara e representara ao pobo da Coruña diante dos intereses especulativosda Autoridade Portuaria mais nin o Alcalde nin o Concelleiro de Rexeneración Urbana falaron. Nada explicaron nesa asemblea mais o día seguinte o concelleiro fai unhas declaracións á prensa dicindo que leva máis dun ano negociando a compra deses terreos á Autoridade Portuaria. Declarar que se vai pagar polas parcelas da Solana e do Hotel Finisterre e ir en contra da moción aprobada mais facelo as agachadas e dicilo xusto no día seguinte da convocatoria da Asemblea Cívica onde aos alí presentes nada se lles explicou é un acto difícil de entender… De calquera xeito unha vez máis perde o pobo da Coruña.