Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

8 JULIO 2017
Combate Poético
Público · Organizado por Sen Ánimo de Nome

sábado, 8 de julio de 20:00 a 22:00

Plaza Santa Barbara, 5, 15001 La Coruña

Sen Ánimo de Nome presenta a súa primeira edición do “Combate Poético” dentro do seu proxecto 1+1Play Artistas en Microresidencia, Cultura de Barrio 2017.

O “Combate Poético” é un proxecto artístico que pretende dar protagonismo ó xénero poético. É un xogo, unha jam de poesía onde 16 poetas convidadxs se enfrontan entre elxs a partir de 8 diferentes combates por parellas, co obxectivo de escalar as probas e gañar a liga; quen decide é o público co seu voto.

Xs poetas enfróntanse nun falso ring, a árbitra convidada é Mary Carmen Vivas (Foto suya de portada), quen presentará xs participantes na figura de madriña de honra do espectáculo.

O Combate desenvólvese en catro quendas desde os oitavos de finais, pasando polos cuartos e semifinais para rematar coa final. O público é o maior protagonista, decidindo co seu voto quen gaña cada enfrontamento.

Xs poetas participantes e protagonistas son:
Desde Galicia: Andrés Ad Hoc, Iria Anido Pedreira, Luix Kaf, Juu Shichi, Rut Morate Lozano, Tito Pérez Pérez, Carlos Da Aira, Marcos Blancos Villaverde, Paulo TnO, Aurora Abelairas, Marmo Trazos, Alita, Enrique Do Rosario.
Desde Madrid: Mónica Izquierdo Gomez.
Desde Málaga: Sara M. Bernard.
Desde Venezuela: Michelle Mato.

Día: sábado 8 de xullo ás 20.00h.
Lugar: Praza das Bárbaras (Casco Vello), A Coruña.
ENTRADA DE BALDE

Como Asociación Cultural queremos subliñar o feito de que o Combate Poético é un proxecto que non quere fomentar a competición entre poetas e poemas. É un xogo que ten como fin promover e impulsar a creatividade e o xénero literario nun completo espírito de diversión e sarcasmo. É unha maneira de ironizar coa loita, facer dela pura sátira e salientar o xénero poético, dándolle o valor que merece. Un día especial onde a única protagonista é a POESÍA.

#senanimodenome
#culturadebarrio

(Foto portada cortesía Mary Carmen Vivas)