Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Dende o subchan crunés chegan CLOACA, Bento Carroña e Rata Ray, o dúo máis infame; armados de guitarra e batería; amosando as suas produccións precarias pra mentes con enfermidades.

 Nosa música é unha mistura do garaxe, punk e surf, xeniales temas punkgaraxeiros cheos de crudeza, enerxía e poderío instrumental. Viscerales pirulas de Rock & roll cavernícola con unha morea de interpretación vogal, riffs demoledores e potentes baterías. Soberbios trallazos de garaxe punk de maxistral e vibrante execución. Tebrosas e diretas pirulas de som compacto e rochoso que van diretas ao teu cerebro e fanche mover o esqueleto ao ritmo primitivo do unga unga. Lumeiradas e barbitúricas cancions de atitude punk e porca sonoridade afastadas dos virtuosismos instrumentais que conseguen atrapazar coas suas divertidas letras e eléctricas instrumentacions.
Humor neghro, ritmos frenéticos e un som escuro, son o seu selo de identidade.
¡Entra no seu tebroso mundo e sucumbe ao seu lisérxico som! ¡Non te arrepiaras!

CLOACA: sábado 28 de novembro de 2020 / Expocoruña (A Cruña)

DSC_0038

BENTO CARROÑA.

DSC_0042RATA RAY.

https://cloacafuzz.bandcamp.com/releases

DSC_0060VERBAS DE CLOACA: Moitas grazas a tódalos persoas que achegaronse onte ao bolo! fixonos moita ilusión ollar as vosas facianas aínda atrás das mascas. Facía moito tempo que non tocábamos e tiñamos moitas gañas de poder facelo!

Agardamos que cedo vexamonos presentando o novo disco!!

DSC_0023

PUBLICO CLOAQUEIRO E ALIMAÑEIRO.

Fotos e videos por Rubém Novo.