Formulario de acceso protexido por Login Lockdown


O VENRES 15 DE ABRIL ÁS 20 HORAS terá lugar a segunda charla do “Observatorio da Comunicación” que organiza CUAC FM con motivo do seu XX aniversario.
Será na Sede da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 20, A Coruña) que comparte CUAC FM coa citada Asociación.
O convidado nesta ocasión será Xosé Mexuto, director de “Sermos Galiza“, e a súa charla titúlase Os medios de comunicación en Galicia, unha visión alternativa“.
Quen e Xosé Mexuto?

Exerce o xornalismo desde 1987. Traballou nas redaccións de El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Foi  correspondente de Efe na Coruña, xefe de prensa do BNG no Congreso dos Deputados no período 1996-2004 e despois xefe de prensa nacional do BNG no período 2004-2012.

Foi colaborador de Xornal.Com e de Xornal de Galicia. Son director de Sermos Galiza desde xaneiro de 2013.

Fun membro do Consello de Administración da CRTVG, en representación do Parlamento da Galiza a proposta do BNG.

Son co-autor do libro “Historia do Deportivo” (Xerais), co-escrito con Jesús Flores, e autor de “A Nación Negada-Conversas con Francisco Rodríguez” (A Nosa Terra).