comuna

Centro Social A Comuna: FAITE SOCIO E PARTICIPA NO PROXECTO.

Publicado el 13 noviembre, 2017 | Noticias, Prensa
comuna2
  Verea do Polvorín, 35, no barrio de Monte Alto da Coruña
FAITE SOCIA/O PARA QUE POIDAMOS SEGUIR MEDRANDO!! :)

QUE É A COMUNA?
A Comuna é un centro social, un proxecto de transformación e creación de comunidade, un espazo de encontro para a xente máis aló de lóxicas individualistas, homoxéneas e dirixidas.
Na Comuna entendemos que o cambio social constrúese dende abaixo, paseniño, dende a proximidade, a autonomía e a solidariedade.
A Comuna é a cara B da historia, o fío dunha memoria de rebeldía e liberdade.

QUEN SOMOS?
Un grupo de persoas diversas en idade, ideas, inquedanzas, emocións… coa forte convicción da necesidade de artellar outros xeitos de relación e construción de vida.
Somos xente con experiencia en distintas loitas, na defensa do que é noso, do que é de todo o mundo!

QUE FACEMOS?
Queremos que a Comuna sexa un lugar de encontro e participación. Nela terán cabida todo tipo
de actividades e proxectos para a dinamización da comunidade.
• Obradoiros (linguas, música, cinema, saberes populares…)
• Memoria(s) do pobo
• Aprendizaxes (charlas, exposicións, meses temáticos…)
• Difusión de loitas populares da Galiza e internacionais.
• Venda de libros, revistas e materiais contrahexemónicos
• Concertos e festas populares
•Actividades conxuntas con outros centros sociais da cidade (CS Gomes Gaioso, Ateneo Libertario Xosé Tarrío, CSO A Insumisa).
• Cesión do espazo para asembleas e reunións doutros colectivos
• Cineclube
• Armario comunal
• Xantador popular
… e milleiros de soños máis!

QUE NECESITAMOS?
Precisamos a participación e a colaboración económica de todas aquelas persoas interesadas en que este proxecto permaneza con vida. Para poder alugar o local e facer fronte ós gastos dende a autonomía, buscamos o apoio de xente afín á nosa filosofía. Este proxecto non ten ánimo de lucro, pero soas non somos quen de acadar o mínimo para seguir camiñando.
A nosa idea é que as persoas que queiran ser socias colaboradoras aporten 50€ ó ano. Deste xeito, asegurámonos ter unha base de xente apoiando que crean coma nós na importancia de imaxinar espazos de creación colectiva.
Si es unha das persoas interesadas en ser socia colaboradora, cubre a seguinte ficha:
https://docs.google.com/…/1FAIpQLSfSPmnwiY4cmmQz9l…/viewform
Este é o noso número de conta:
Caixa Rural Galega:
IBAN: ES38 3070 0044 5861 1016 7829
E para contactar connosco csacomuna@gmail.com

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *