logo_mavCorunaTransp4

Censo para proxectos musicais en activo de #ACoruña e comarca, por Músicas ao vivo: INSCRÍBETE!!!

Publicado el 9 enero, 2019 | Noticias, Prensa

Xa está aberto ‘A Coruña é! música’, un censo para proxectos musicais en activo de #ACoruña e comarca, que pon en marcha a sección Músicas ao Vivo Coruña, co apoio do Concello da Coruña.

A idea e obxectivo fundamental é dar a coñecer de maneira oficial o enorme talento dos proxectos musicais activos en A Coruña e na súa comarca, para tentar favorecer e mellorar así o consumo de música de proximidade na cidade.

Esta lista de proxectos visibiliza a escena musical coruñesa, sendo os propios artistas os encargados de rexistrarse na plataforma online desta web nos prazos correspondentes, así como de aportar os datos requiridos para formar parte do mesmo. Este censo pretende converterse nunha ponte de comunicación directa, polo que funciona para o seu uso entre outros programadores culturais públicos e privados da cidade.

Haberá cabida tamén para ese “cómplices” na música ao vivo como son as salas, os festivais e os medios de comunicación musicais. ‍‍

Para formar parte de este censo é indispensable cumplir POLO MENOS UNHA DAS SEGUINTES CONDICIÓNS:

Que polo menos o 50% dos membros do proxecto musical desenvolva con regularidade a súa base de acción profesional musical en A Coruña e/ou comarca (Arteixo, Culleredo, Oleiros…)

Que polo menos o 50% dos membros do grupo sexa residente en A Coruña e/ou comarca.

Que cando menos un dos compoñentes do proxecto sexa membro de Músicas Ao Vivo sección A Coruña.
✍ Podedes inscribirvos aquí: http://proxectos.xn--mavcorua-j3a.com/usuarios/acceso

Inicio

 

http://proxectos.xn--mavcorua-j3a.com/usuarios/acceso?fbclid=IwAR19bYkwBtqJZ19sOAB9CdvRczskPuO2VRlQnP_p-FwvpMaG9H4akSBC8QQ

 

#ACoruñaÉMúsica #SonDirecto

A CORUÑA É MÚSICA

Coa colaboración de Xabier Diaz, Carmen Rey, Javier Cedrón, Pablo Añón e Belém Tajes.

Video : Xoan Piñón. Producción : Marina Rio, Frank Astro. Son : Arnau Roger, David Fernández.

 

 

 

Inicio

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *