Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Onte visitei a fosa onde está meu tío Ovidio Villar Fernández, no cemiterio parroquial de Vilarraso (Aranga), e tamén a de Santa Mariña (Guitiriz). A de Vilarraso é unha gran fosa que estivo aberta moito tempo para engadir cadáveres e máis cadáveres. A veciñanza desta zona, onde se concentran as maiores fosas comúns de Galicia, foi heroica sacando cadáveres do río e contribuíndo aos enterros que eles puideron facer. A algúns obrigáronos a transportar cadáveres no carro ata onde lles mandaban. O meu maior agradecemento a esta custodia involuntaria, pero tan valiosa. Oxalá se proceda xa a exhumar eses ósos e identificalos. Se teñen familiares, entregárllelos aos seus e, se non, darlles sepultura digna gardando os ADNs nun banco de datos para cotexos futuros que se poidan producir.

 Neste terreo do cemineterio de Vilarraso está unha das fosas comúns máis grandes de Galicia. A terra elévase e non foi cuberta de pedra.

Fosa de Santa Mariña. Os cadáveres están ao longo de parte desta parede da igrexa. As tardiñas de sol, os outros mortos préstanlles as súas cruces. Tremendamente impresionante a esa hora.

FACEBOOK HELENA VILLAR JANEIRO.

https://www.facebook.com/villarjaneiro?fref=ts