Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Quérote, quérote, quérote… Só sei que te quero e que sempre te quererei… do demais non sei nada…

Sei que amarte faime leda, enche o oco dos meus labirintos e completa o senso do sen decatarse…
Sei que pensar en ti debuxa iste sorriso de parva leda, porque sentir a túa ledicia transpórtame a un universo único, temos a nosa propia dimensión, ise lugar onde só a túa ialma e a miña ialma se atopan e desfrutan.
Tesouros máxicos da vida, os mellores tesouros da miña colección, teño o paraíso nos meus mundos, nas miñas mans, na miña boca…
E todo o superfluo sobra.
Amore con amore, por amore, dende o amore, ata o amore…
(As miñas gordas quérenme).
Amore, amore, fodido amore, puto amore, lindo amore…

Cpv.
FOTOS CORTESÍA fACEBOOK CELIA PRADO VEGA.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)