O amor dos meus pais (aínda que ás veces non nos entendamos) e o amor das minhas cadelas (as que me coñecen mellor que calquera outro ser vivo e grazas aos que me erguo da cama todos os días) é todo o que teño e agradezo a Deus…
E os meus sonhos de amizades que sigo perseguindo, coma dende nena, aínda que me saia ra, sigo arriscando todo ou nada, sigo deixando portas e fiestras abertas…
Así que volven zoupar, así que as interferencias nos confunden de novo, así que esquézome de min mesma por pensaros…
Igual seguirei dando os meus pasinhos, sen medo nin arrepentimento, orgullosa de porlle o meu peito a minha vida, eiquí estou, constante na miña incertidume, leda a anacos, aínda tamén medio taponada, mareado en todos os sensos, ás veces enfadado co meu propio destinho, enfadada comigo, mais case leda, case queda.
Case me atrevo de novo a compartir isto tan novo e real que só ti me ofreces, aínda que case non sei se teño algo verdadeiro que ofrecerche… Neste intre, pra nós só teño o día a día e moitos sonhos.
Non creo nos continhos de Disney, nin na monogamia que nos venderon… Mais sí creo no amore por riba de todo, porque pra min a vida é amore e sen amore non son nada, necesito tanto amar coma respirar, coma comer, beber, durmir…
Así coma necesito a minha soidade, que boto de menos cando o meu espazo está invadido, algo que endexamáis fixeches, nin creo que endexamáis o fagas…
Só nos estamos coñecendo, quizais agora me pareces tan familiar, coma se nos coñecésemos de sempre, ou quizais che preguntei eu mesma e apareceches, porque chegaches xusto no momento máis dramático da miña desesperación. , e aínda estou remando nestes mares confusos, e o sabes, e aínda sabendo todo segues ao meu carón, meu confidente, meu trasno,…
O amor dos meus pais, o amor das minhas cadelas e o teu amore… Non lle pido nada máis á vida, só que endexamáis perda nen un chisco de tanto amore…
O amore polo ar, a terra, a auga e o lume… Iso son e iso quero.
Cpv.
(TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO POR RUBÉM NOVO).