Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Catharina ‘Nina’ Hagen (Friedrichshain, Berlín Oriental, 11 de marzo de 1955) é unha cantante, compositora e actriz alemá. Conhecida pola súa entoación dramática, chimpou á fama durante os movementos musicais no seu país a finais dos anos 70, e é chamada “madriña” do punk alemá.
Nada e criada na antiga República Democrática Alemá, Hagen comezou a súa carreira en varios filmes alemás xunto á súa nai, a actriz Eva-María Hagen. Por isa mesma época, uniuse á banda Automobil e lanzou o sinxelo Du hast dean Farbfilm vergessen [Esquecícheste do rolo do filme a cor], interpretado nise momento coma unha crítica á vida monótona e gris que sobresaía an Alemanha Oriental e o resto do bloque soviético.
Despois de que a Wolf Biermann, parella da súa nai, retiráseselle a cidadanía da Alemanha Oriental no 1976, Hagen seguiunos a Hamburgo. Pouco despois, CBS Récords ofreceulle un contrato discográfico e formou a Nina Hagen Band; o seu álbum debut homónimo lanzouse a finais do 1978 con gran éxito de crítica e comercial, vendendo máis de 250.000 copias. A banda lanzou un álbum máis, Unbehagen, antes de a súa separación no 1979.
No 1982, Hagen asinou un novo contrato con CBS e lanzou o seu álbum debut en soitario NunSexMonkRock, que se converteu no seu primeiro disco nas listas norteamericáns. Seguiu con dous álbums máis, Fearless (1983) e Nina Hagen in Ekstasy (1985), denantes de que ficase o seu contrato con CBS sen ser renovado. No 1989, publicou con Mercury Récords tres álbums, Nina Hagen (1989), Street (1991) e Revolution Ballroom (1993) sen que ninghún obtivera éxito comercial notábel. Hagen fixo a súa volta musical co lanzamento do seu álbum Return of the Mother (2000).
Amais da súa carreira musical, Hagen tamén é actriz de dobraxe. Escribiu tres autobiografías: Ich bin ein Berliner [Son berlinesa] (1988), Nina Hagen: That’s Why the Lady Is a Punk [Por iso a señora é punk] (2003) e Bekenntnisse [Confesións] (2010). Tamén sobresaiu polo seu activismo polos dereitos humáns e animais.
#NinaHagen e Lemmy Kilmister, 1981
Foto: Derek Ridgers
Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo.