Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

   Sempre en defensa do patrimonio público, a Comisión Aberta en Defensa do Común vai realizar unha serie de actividades para conseguir a recuperación da Casa Cornide para uso público e patrimonio da Coruña, despois do espolio da familia Franco.

   O martes, 13 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras (rúa Sinagoga da Cidade Vella) terá lugar un acto sobre o tema “Casa Cornide, patrimonio da cidade”.

Participarán:

Carlos Babío, autor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio

Anxo Varela, da Asociación de Veciños da Cidade Vella

Antía Rocha, da CRMH

Felipe Senén, da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia

Xosé Manuel Sande, concelleiro de Cultura

Presentará o acto: Rosa Quiroga, de Defensa do Común

FOTO CASA CORNIDE CORTESÍA DE www.publico.es