Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESURRECTION FEST 2024 CARTAZ.
O tema onte nas redes sociais foi sen dúbida a publicación do cartaz da edición do Resurrection Fest do 2024. Aínda non sendo un siaeiro deste evento, normalmente os cartazes non me adoitan chistar o máis mínimo, resúltame rechamante que con isto ocorre coma co fútbol, cada un de nós leva un adestrador nos adentros, e parece ser que tamén un organizador de eventos de metal capaz de criticar e non entender a presenza de determinadas bandas neste festival…coma se cada fin de semana isto fose Nova Iorque e istes artistas discorrerían unha e outra vez preto dos nosos lares , estamos aburridos de ollalos e terían que xubilarse porque xa que ben fai ao metal que sigan enriba das táboas. Em serio? isto que se le que publica moita xente é em serio? Fagamos o exercicio de publicar o cartaz xunto ao do Hellfest, ollar que varias das bandas principais compártense, só que trocan os días nos que atúan, mais si, o do Hellfest é un cartazón e o de eiquí un bullotede andares polo lar ( Avenged, Machine Head, Bring me the Horizon, Alice Cooper, Accept, Megadeth , The Offspring, etc.) medianías todos iles do tres ao catro da escena metaleira. Que mal afixemos ao corpo, cando un cartaz con 86 bandas coma o que se amosa no Resu é un chasco, mesmo anoxa a moita xente. É sinxelamente metal, pasado, presente e futuro e así penso que seria un Festival desta magnitude.
Opinións, pois coma os cus, todos temos o noso, o noso cartaz dourado, mais resulta que o festival non se fai pra cada un@ de n@s senón que tentara convir e equilibrar os diferentes estilos, as diferentes épocas e os diferentes tipos de siaeiros, dende os que tenhen 16 anos ata os que tenhen 70, que tamén os haberá. Así que pola minha banda paréceme un cartaz máis que interesante, bo diría eu, e que mantén o evento na categoría que está elevado xa dende hai uns canto anos.
Non pretendo polemizar con ninguén, só dou a minha opinión e o meu ponto de ollada, e em todo caso ao que non lle goste ou convenza o cartaz que non vaia e empregue tódolos cartos que se vai a aforrar em apoiar os eventos locais e as bandas locais da súa cidade que fixo que hai moitos durante o ano…
Escrita por Oscar Martín Metal Nostrum Hard Rock.
Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo.