Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

GALEGO.

Carta aberta a cidadanía de A Crunha.

5 de febreiro de 2023.

No día de onte arredor das 20:15 da tarde meu irmán foi brutalmente acoitelado nas achegas da Praza Pontevedra por un fato de salvaxes. En primeiro lugar, gostariame dar as grazas moi sinceramente ao comportamento exemplar de tódolos peóns e vecinhos que auxiliaron e socorreron o meu irmán nunha situación de estrema urxencia e gravidade. A diferenza do que algúns medios publican e a minoría da xente opina nas redes sociais, non foi un “incidente entre rapaces” tampouco ” debían cartos” nen foi un “axuste de contas”. Meu irmán defendeu a un dos seus amigos de 12 anos das ameazas e tentos de agresión diste fato de salvaxes pra que deixasen a pista de basket na que xogaban dende un anaco na Praza de Santo Paulo. E pasou, ao ollar ca os agresores poñíanse máis agresivos, meu irmán e os seus amigos dicidiron marchar e deixar de xogar na pista pra non ter problemas maiores. E, cando percorreu uns metros foi onde metéronlle 6 coiteladas (4 no brazo, 1 nas costas e outra no abdome, polas costas, da forma máis mesquiña e covarde posibel. Meu irmán, é unha persoa integra, e fuxe de todo problema. Agora, pouco a pouco, recuperando das lesións físicas que istos salvaxes fixéronlle, mais pola súa forma de ser, o que preocupa a familia son as lesión psicolóxicas que ista agresión poda causar. A investigación vai a bo ritmo e a policía, agradecemos o seu trato human e traballo.

Transmítenos tranquilidade e seguridade. Só pido xustiza pra meu irmán, non quero que ninguén pase polo que pasei eu onte, non quero que naide máis tenha que recibir unha cha,ada así e tenha que saír correndo cun ataque de nervios dunha xuntanza de amigos sabendo que o teu irmán, xa non xoga cos seus amigos coma pensabas, senón que tirado no chan da rúa, acoitelado e ferido de gravidade, non sei de quen e a responsabilidade do medro da inseguridade que vívese na nosa cidade. Só agardo que se tomen as medidas correspondentes pra que meu irmán sexa a derradeira vítima desta situación que só emporá.

Atentamente.

Laura PD.

(Tradución ceive ao Galego por Rubém Novo).

 

NOTA PRENSA LAURA PD.

CASTELÁN.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cabeceira da man de: La Voz de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cabeceira da man de: La Opinión.

FOTO CABECEIRA RESENCIÓN DA MAN DE : https://www.elidealgallego.com/