Xa podedes escoitar completo en todas as plataformas o meu último disco “Soldadeiras”, cuio título, fai referencia ás mulleres que acompañaban aos trovadores e xograres, danzando ao sons das músicas. Son sete cantigas da lírica medieval galego portuguesa, textos que teñen máis de 700 anos, e que foi un privilexio darlle unha nova vida coas miñas músicas e a miña voz.
Agardo vos gusten, disfrutei moito do proceso de creación. Textos medievais + electrónica. Para os amantes do formato físico, co fermoso deseño de Iria Iglesias, e librero interior de 16 páxinas, só tedes que envíarme unha mensaxe privada e volo enviarei encantada.
Bicos e abrazos!!! Spotify: