Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
10 de Agosto ás 18:56

 · 

A cousa non é broma. Para que a Ana Pontón

a investiguen por inxurias aos Borbóns, a “xustiza” española precisa:

– Considerar que Ana Pontón é unha subvita de Felipe VI. Débese a este principio medieval e carece de dereito democrático algún.
– Pasarse pola entreperna todas as condenas que a este respecto leva acumuladas o estado español do Tribunal de DDHH europeo. Concretamente por vulnerar sistematicamente o dereito de libre expresión.
E claro. Tamén precísanse certas complicidades:
– A mordaza imposta polos donos dos medios de comunicación sobre a podremia constante no tempo na Casa Real española imcumprindo o seu papel nunha sociedade democrática.
– A ausencia no ambito español de partidos republicanos, ou no mellor dos casos da presenza de partidos republicanos asintomáticos.
– Que o franquismo sen Franco continúe campando polas altas instancias da administración española
Se esta situación, imcompatibel cunha democracia, non se mantivera tanto tempo, de seguro que Ana Pontón non tería que facer unhas manifestacións que resultan evidentes a día de hoxe, e que son compartidas pola inmensa maoiría da cidadanía.
Mais unha vez, o sistema opta pola represión contra unha representante pública por decisión democrática que o unico que fixo foi representarnos a moitas e a moitos.
(Foto portada cortesía Cuartopoder.es)