BUTCHER BABIES confirmou a marcha das súas ringleiras da cantante Carla Harvey. A vocalista e cofundadora levaba sen traballar coa banda dende o pasado outono, cando tivo que afastarse por unha cirurxía ocular de urxencia, motivo polo cal non puido participar na última xeira de FEAR FACTORY.
A banda publicou un comunicado sobor a súa saída:

“Coma xa adivinharían, confírmase que Carla Harvey e BUTCHER BABIES separáronse oficialmente. Carla foi un anaco enteiro da nosa viaxe, achegando o seu talento único, paixón e enerxía á banda. Estamos agradecidos polas incribeis lembranzas que fixemos xuntos e o impacto que tivo na nosa música e nos nosos fans. Botarémola moito de menos e desexámoslle o mellor nos seus proxectos futuros.
Agradecemos fondamente o seu apoio durante os últimos 15 anos. Sentímonos incríbelmente ditosos de facer e tocar música coma a nosa carreira, e estamos apaixonados con ista nova idade de BUTCHER BABIES!
Vémonos na estrada”.

Pola súa banda, Carla emitiu outro nota de imprensa:
“Nos últimos seis meses notarian o meu afastamento dos posts de BUTCHER BABIES. Despois de 15 anos de adicación, quero que saiban que non voltarei a unirme á banda pra futuros proxectos. Estou supergarbosa do meu traballo con BUTCHER BABIES… Dous EPS, cinco álbums e innumerabeis xeiras cos nosos heroes do Metal!
A todos os nosos incribeis amigos e fans de BB… forneceronme algunhas das mellores experiencias da minha vida! Amei cada segundo de escribir e actuar por todo o mundo pra vostedes. Arroboume conhecelos.
Aínda non podo crer que ista moza de Detroit tivese morea de sorte. Non rematei de facer música e actuar. Vereinos cedo”.

FONTE: Hellpress.
Unha achega de Metal Nostrum Hard Rock.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE GUERRILLEIRO DA MAN DO RUBEM NOVO.