cantigas

CÁNTIGAS DA TERRA.

Publicado el 16 diciembre, 2016 | Artistas, Folk
Información de la página
Fundación el 28 de diciembre de 1916
Más información
Ciudad de origen
A Coruña
Información
Coro Galego nado n’A Coruña en 1916
Foliada da Cruña – Cántigas da Terra (VIII CICLO DE COROS HISTÓRICOS)
Publicado el 20 nov. 2012

Teatro Rosalía – Gravado por Xiana de la Peña

Biografía
Coa creación das Irmandades da Fala, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus ideais de recuperación da identidade propia, promovendo así o uso público da lingua galega. Con tal fin nace Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916). Nun contexto de emoción e creatividade, produto do amor pola Terra, xermolan o canto, o baile, o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da globalización, nos que xa se albiscan síntomas de esquecemento e menosprezo cara ao propio. Ademais, a entidade axiña toma iniciativas importantes como a incorporación das mulleres.
Ata o cruento golpe do 36, o coro mantivo unha intensa ligazón co movemento galeguista, mais cando comeza a guerra son moitos os que se agochan, foxen ou son fusilados e Cántigas tivo que se adaptar ao novo réxime de ditadura. Con todo, manter o canto en galego e a negativa a integrarse na Sección Femenina simbolizan grandes logros nesta difícil circunstancia. Na altura, a agrupación florece no musical e gaña popularidade, realizando multitude de viaxes e gravacións. Outro fito salientábel é que Cántigas consegue para Galicia o recoñecemento como nación celta dentro do II Congreso do Mundo Celta (Bretaña, 1954).
O repertorio constitúeno cántigas recollidas do imaxinario popular, moito antes de que a radio e a televisión fixesen aparición nas casas; destacando nas harmonizacións creadas a sensibilidade e o respecto dos mestres polas músicas orixinarias. Outra boa parte xorde de compositores capaces de crear melodías xenuínas que logo foron adoptadas como propias polo pobo, volvéndose anónimas.
A proposta artística do coro combina as voces cos instrumentos, o baile e o teatro autóctonos, creando unha paisaxe emocional que nos identifica como galegos. Ademais, a entidade traballa na recuperación do espazo que lle é propio dentro do País, no uso normal do noso idioma e na interrelación entre as distintas disciplinas culturais, cumprindo o desexo dos fundadores.
Sexo
Plural (neutro)
Ubicación actual
Rúa Ángel Rebollo, 55 – Soto
 Foliada “Viva San Froilán” – Coro Galego Cántigas da Terra
Publicado el 18 nov. 2015

XI Ciclo de Coros Galegos 2015 – Gravado por Chus Parga

Contacto de prensa
Cen primaveras. Non hai grande balbordo nas rúas nin novas sensacionalistas nos xornais… tampouco soan foliadas nas emisoras de radio… mais os Coros Galegos van chegando, silandeiros e de vagariño, ao seu primeiro século de vida. Foron ducias deles os que comezaron o camiño, mais só catro teñen a fortuna, o destino e a valentía de continuar o camiño do rexurdimento autóctono. Hoxe é a quenda de Cántigas da Terra. Por iso na presente edición do Ciclo de Coros Galegos, concentrada nunha única xornada, queremos dun xeito especial festexar esta efeméride cos nosos Irmáns. Tamén estamos cheos de fachenda por ver que xorden novas e felices iniciativas que, en suma infinita, van retomando a senda que as Irmandades da Fala promoveron hai cen anos: unha conciencia do propio para sermos galegas e galegos a tempo completo. Así pois, as grandes obras non son modas que precisen grandes titulares. Só queren o alento das persoas que coma vós estades hoxe aquí facendo esta festa. Atopamos no noso veciño de Eirís e escritor das Irmandades, Xosé Lesta Meis (1887-1930), as verbas xustas para expresar este noso sentir: “Cos coros dáse unha cousa moi notable e consoladora para nós. Vai a xente a eles como a unha gran romaxe. A fatos. Pero é a xente do que chamamos pobo. A xente das aldeas. Veñen pais, fillos, mozos e vellos. Veñen a eito. Creo que o día que canta un coro hai moitas casas que quedan baldeiras. Esto proba que ó pobo gústalle os coros e que os coros recollen as cousas que o pobo leva na i-alma.” (“Saudade”, El Pueblo Gallego 18-12-1924)

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *