Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Cándido Pazó

O outro día, despois dunha contada nun bar dunha vila, achegóuseme un reporteiro (non souben se dunha TV local ou dunha pequena produtora) para me facer unha entrevista. Despois de varias preguntas díxome, “Tú eres muy galleguista, por lo que veo”. Eu sabía ben por onde ía pero aínda así, capciosamente, pregunteille que por qué. “Hombre, actúas en gallego y hablas siempre gallego…”, contestoume. “Se estivese en Francia e falase francés non me dirías que son francesista”, apúxenlle. “No es lo mismo”, retrucoume. Este comentario non é novo para min. Nos anos 70 se falabas galego fóra dun ámbito rural ou laboral-manual (“Lingua proletaria do meu pobo”, dicía o poeta) suscitabas ese tipo de consideración. Pero pensaba que despois de tantos anos xa non quedaba xente que estimase que falar galego, fóra de certos ámbitos e usos tradicionais, só pode ser un acto de militancia.
Ou non, non pensaba tal, sabía e sei que hai xente así (moita, demasiada), pero había tempo que non daba con ela.

PAZO