Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Cándido Pazó

Cada quen ten as súas teimas. Eu a miña. Esta noite, debate na TVG entre os distintos candidatos ás eleccións. Se, no tocante a como falaban galego, por cada erro lingüístico (en termos de léxico, semántica, fonética, morfoloxía, sintáctica e estilística) soase un pitido, aquilo sería un abouxante concerto de pitidos. Non se salvaba ninguén. En fin, a de Ciudadanos que, como non se dignou a dicir unha palabra en galego, queda excluída da experiencia. Mais, ollo, ese panorama é bastante común á grande maioría da poboación galega. Mesmo os galegofalantes naturais, os de sempre, os que son exemplares en termos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos, teñen algún (ás veces moito) do seu léxico contaminado. Que significa isto? Que a normalización lingüística é un dos nosos grandes fracasos colectivos (fracaso que, loxicamente, ten as súas razóns históricas, sociolóxicas, políticas, económicas… que sería longo e traballoso tratar aquí). Mais o presidente Núñez, todo ghabacho (como diriamos en Vigo), dixo: