• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta mais intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vogal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma coma ponto de partida a tradición, entendida comoa algo vivo e en constante troco, pra crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular mais incorporan recursos contemporáneos.

Aire! é o seu primeiro traballo discográfico, producido polo reconocido músico burgalés Diego Galaz, onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod ou El Pana.

https://www.facebook.com/caamanoameixeiras

Maneo de Cambre – Caamaño&Ameixeiras feat. Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz

Voz e Arranxos vocais: Sílvia Pérez Cruz

Acordeón: Sabela Caamaño

Violín: Antía Ameixeiras

Clarinete: Carola Ortiz

Maneo de Cambre é un dos temas máis íntimos e intensos de Aire!. Á sonoridade do violín e o acordeón, fío condutor constante, súmase aquí a maxia infinita de Sílvia Pérez Cruz á voz e a expresividade de Carola Ortiz ao clarinete. Xuntas reinterpretan en feminino este tema tradicional da Costa da Morte (Cambre, Malpica), que cruzou o Atlántico seguindo o curso da emigración ata Carabobo (Venezuela), onde foi recollido por Xurxo Fernandes. O tema musical faise imaxe en movemento a través da mirada sensible de Lucía Estévez, a danza de Fran Martínez e a interpretación de Raquel Espada. Maneo de Cambre é, por tanto, unha viaxe de ida e volta feita canción e lamento; un berro e un murmurio que fala de anhelo e de perda. De cambio e aceptación. Do intento imposible de reter algo que irremediablemente se escapa das mans. Do efémero e, sobre todo, do eterno.