8

C.S.O A COMUNA (A CRUNHA). Verea do Polvorín, 35, barrio de Monte Alto.

Publicado el 13 noviembre, 2017 | Locales

1

A Comuna é un proxecto de transformación e creación de comunidade situado na Verea do Polvorín, 35, no barrio de Monte Alto da Coruña.

Nacemento in Xullo de 2015

csacomuna@gmail.com

@csacomuna

 15

5

QUERES UNIRCHE AO PROXECTO ALTERNATIVO E COMUNITARIO DA COMUNA?

Ficha de colaboración A COMUNA

Preme na ligazom

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfSPmnwiY4cmmQz9lslnJoT_Euq1QSdJg-TuxKZZj6PtcoLKw/viewform

6

QUE É A COMUNA?
A Comuna é un centro social, un proxecto de transformación e creación de comunidade, un espazo de encontro para a xente máis aló de lóxicas individualistas, homoxéneas e dirixidas.

Na Comuna entendemos que o cambio social constrúese dende abaixo, paseniño, dende a proximidade, a autonomía e a solidariedade.

A Comuna é a cara B da historia, o fío dunha memoria de rebeldía e liberdade.

7

QUEN SOMOS?
Un grupo de persoas diversas en idade, ideas, inquedanzas, emocións… coa forte convicción da necesidade de artellar outros xeitos de relación e construcción de vida.

Somos xente con experiencia en distintas loitas, na defensa do que é noso, do que é de todo o mundo!

9

10

QUE FAREMOS?
Queremos que a Comuna sexa un lugar de encontro e participación. Nela terán cabida todo tipo de actividades e proxectos para a dinamización da comunidade.

• Obradoiros (linguas, apoio educativo, cinema, saberes populares…)
• Memoria(s) do pobo
• Aprendizaxes (charlas, exposicións, meses temáticos…)
• Cineclube
• Ludoteca para as crianzas, participación infantil e xuvenil
• Espazo de lectura
• Xantador popular
• Obradoiro de Dereitos Sociais
… e milleiros de soños máis!

13

12

QUE NECESITAMOS?
Precisamos a participación e a colaboración económica de todas aquelas persoas interesadas en que este proxecto comece a vivir. Para poder alugar o local e facer fronte ós gastos dende a autonomía, buscamos o apoio de xente afín á nosa filosofía. Este proxecto non ten ánimo de lucro, pero soas non somos quen de acadar o mínimo para botar a camiñar.

A nosa idea é que as persoas que queiran ser socias colaboradoras aporten 50€ ó ano. Deste xeito, asegurámonos ter unha base de xente apoiando que crean coma nós na importancia de imaxinar espazos de creación colectiva.

14

VIDEOS WWW.EMPUJE.NET DAS ATIVIDADES DE A COMUNA 

WWW.EMPUJE.NET.Grupo Surealista Galego. A Comuna (A Coruña)

agosto 2016

WWW.EMPUJE.NET.Música e poesía 1. A Comuna (A Coruña)

agosto 2016.

WWW.EMPUJE.NET.Música e poesía 2. A Comuna (A Coruña)

agosto 2016.

WWW.EMPUJE.NET.Música e poesía 3. A Comuna (A Coruña)

agosto 2016.

WWW.EMPUJE.NET.Presentación da revista feminista Revenida.

A Comuna (A Coruña) agosto 2016

WWW.EMPUJE.NET. Reflexions do 15M.

A Comuna (A Coruña) agosto 2016

LIGAZOMS A OUTROS CENTROS SOCIAIS DA CRUNHA.

C.S.O A INSUMISA

https://www.facebook.com/ainsumisa/

ATENEO LIBERTARIO XOSÉ TARRIO

https://www.facebook.com/ateneolibxosetarrio/

 

 

 

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *