Apoiando a Buxa desde sempre.
Buxa fai stoner rock, progresiva, math rock, kraut.
Hai temasos!

“Intensidade sonora” é o segundo sinxelo da banda galega Buxa. Nel está incluído este tema, “Superpunteirolo”.
Buxa “Mestre”
VERBAS DE BUXA:
“Mestre” é o primeiro videoclip da banda grovense Buxa. Foi realizado en colaboración coa productora @SIRADELLA FILMS para conmemorar o centenario do falecemento do escritor Luís Antonio Mestre, quen tivo unha fonda relación coa vila do Grove. A peza musical é unha composición propia da banda e contén un poema deste autor, “Airiños da miña terra”, escrito no Grove en agosto do ano 1900. O vídeo conta con localizacións en lugares e edificios do Grove significativos na vida de Luis A. Mestre, como a súa casa, a Illa da Toxa ou a Laxe de Raeiros. Buxa quere agradecer a todas as persoas que fixeron posible este traballo, especialmente ó colectivo Torremakers , a Francisco Meis e a Tita e Fred de Siradella Films.
CANTARES GALLEGOS
“Airiños da miña terra”
Pau da terra o meu fungueiro,
pau da terra, ten baixado
muito lombo forasteiro.
¡Cheira ben teu carabel!
Xa sei qu-oxe, miña rula,
á fartar bicache n-él.
Sabeo ben xa tod-a-xente
para rillar n´o creto alleo
teñen as meigas bo dente.
Reina e d-as rapasiñas,
fanlle á croa as volvoretas,
fanlle a alfombra as anduriñas-
Diante de min non fales,
si che-ai criba pr´as mintiras
a mina non e das tales.
Non che ai mais, vella baldroas,
non che ai mais qu´as nosas berzas
non che ai mais qu´a nosa broa.
¡Foi xa aquelo!…O qu-oxe importa
e atrancar ben a lumeira,
e fechar millor á porta.
Eu acordocheme ben,
feridiña que ti fagas
sempre n-a y´alma se ten.
Non che pode ser bo agoiro
ó de estarche c-o fungueiro
repinicando n-o coiro.
Caladiño, caladiño,
sempre calado, meu vello,
que haiche orelas no camiño.
Algo alí che pode haber
po-lo-buraco da chave
muito axexa tua muller.
Oxe zsahe á miña nena
oxe estrelas, oxe frores
oxe mórrense co-a-pena.
O Gaiteiro d´a Barrosa (Luís A. Mestre)
Laxe d´o Raeiro, Ogrobe
20 de Agosto de 1900