Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

O veterano director de cinema documental Lech Kowalski crea esta película sobor o seu amigo e Deus do Rock Johnny Thunders, membro da lendaria banda de proto-punk The New York Dolls. Ao través de imaxes de arquivo e entrevistas con músicos coma Dee Dee Ramone e Sylvain Sylvain, a película desmigalla o seu paso polos Dolls; a formación da súa outra banda, The Heartbreakers; a súa suba á fama, sobor todo no Xapón; a súa baixada á adicción á heroínha; e as misteriosas causas da súa morte nun hotel de Nova Orleans en 1991. Born to Lose: The Last Rock ‘n’ Roll Movie tamén contén algúns concertos raramente ollados no Max’s Kansas City e o Mudd Club.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

Foto cabeceira da man de https://www.laizquierdadiario.com/