Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Bloque Nacionalista Galego agregó un nuevo video: Quen nos representa!

·

Somos un país vivo, moderno, aberto, integrador e diverso. Estamos sobrados de orgullo e de confianza no que somos. A potencia da nosa identidade é tan evidente que non temos medo a transgredila, actualizala, xogar con ela para amosar a súa forza. Rachando tópicos e debuxando unha Galiza diferente. Na Galiza que queremos entran todas as Galizas, todas as persoas, todos os dereitos.

Este vídeo é mostra dese país que soñamos, e tamén un desafío a quen nega o noso futuro, a quen expolia o dereito a vivirmos na nosa Terra do noso traballo. Tamén un acto de fachenda e de rebeldía diante da falta de estima polo propio e da ausencia de confianza nas propias forzas. Porque si, Galiza pode. E hai que estar cego ou ser un renegado para non ver que no que somos está a chave do noso futuro.

E isto é que somos, entre outras moitas cousas: un pobo vivo, dinámico, capaz de saír adiante. Isto somos as 24 horas do día, diante dunha realidade que non nos gusta e queremos transformar. Porque é posíbel facelo. Galiza ten futuro, somos un país vivo e cheo de talento, e só precisamos ter voz propia para demostralo