#Queremostren Saímos de Ferrol cara Coruña. Som 53 quilómetros que en tren levan mais de unha hora. Usar o tren na maioría de Galiza é misión imposíbel. Unha discriminación coa que temos que rematar!
“É para nós un pracer recibir as e os compañeiros de Ferrolterra nesta estación. Un pracer recibir Ana Pontón, Néstor Rego e Iván Rivas que veñen de facer esta viaxe coa intención de denunciar o estado de abandono dunha liña que ten características máis propias dos camiños de ferro de principios do século XX que das primeiras décadas do XXI”, dixo Francisco Jorquera nun breve encontro cos medios na propia plataforma da Estación de San Cristovo.
Estamos a falar dunha liña que foi inaugurada en 1913 e que desde aquela apenas experimentou melloras. “Nela”, denunciou o voceiro do BNG no Concello, “non se acometeron investimentos para a súa modernización e adaptación ás necesidades de hoxe”.
Xa desde o principio a liña foi debedora dun deseño centralista. Ou sexa, non foi concebida para conectar Ferrol coa Coruña, senón para achegar a cidade departamental á meseta castelá, en concreto a Palencia.
E un século despois continuamos nas mesmas. “Aínda hoxe os trens que fan o percorrido entre A Coruña e Ferrol”, relata Jorquera, “teñen que ter dous postos de condución, un en cada extremo, e teñen tamén que parar en Infesta e inverter o sentido da marcha, ben cara A Coruña ben cara Ferrol”.
A consecuencia é que a viaxe entre Ferrol e A Coruña dura no mellor dos casos unha hora e cuarto, tempo que impide que os camiños de ferro se constitúan en alternativa á autoestrada. “Isto, unido a uns horarios e frecuencias total e absolutamente inadecuados, fan que esta liña non axude a resolver os problemas de mobilidade dunha área, a do Golfo Ártabro, con máis de 600 mil habitantes”, engadiu.
E é unha mágoa porque cos investimentos precisos a liña entre Ferrol (desde Betanzos Infesta) e A Coruña ben podería servir para dotar a cidade e a comarca dun tren de proximidade. “Reparade que o tren pasa por Betanzos, Guísamo, Cecebre, A Barcala, O Burgo, Acea de Ama e Fonteculler. E que perfectamente podería adentrarse até o corazón da cidade a través do tendido ferroviario do porto”, indicoulle Jorquera aos medios.
En definitiva, concluíu, “non podemos perder o tren e é imprescindíbel investir na súa modernización, para vertebrar internamente o país e resolver as necesidades de mobilidade da área metropolitana da Coruña”.
COMENTAS FACEBOOK:
-
Cando poidas date un paseo en coche pola 120N. Monforte ata o Barco de Valdeorras. Ánimo e afoutezaPara que veñan os de fóra hai… Para que nos movamos os da casa … Ostias! Feijoó…o gran xestor… Manda carallo
-
Igual que os buses es as concesions da xunta as empresas adxudicatarias eliminando liñas e incomunicando pobos enteiros….Moito AVE pero non podemos ir á Coruña, nen a Vigo, Ourense,Lugo,Compostela,pola tardanza en chegar no tren. Galiza leva moitos anos incomunicada por tanta desidia política franquista.. Aí continuamos,no século pasado.Eu collín o tren moitas veces, er…Aquí en Padrón a maioría dos trens non fan parada.Cando fai 20 anos había un tren cada hora, destino A Coruña e outro a Vigo, cruzábanse aquí. Lembro que as veces nas barreiras facíanse carabanas de coches pola tardanza dalgún.Agora está fechada a Estación.
Bo xeito de visibilizar a situación, tentade un día coller tamén desde O Barco de Valdeorras ate Vigo por exemplo, é sangrante.
ParabénsAs comunicacións Interiores son máis propias do seculo XIX. Porto do Son / Santiago, 45 kms., hai que coller dous autobuses que, as máis das veces, non enlazan axeitadamente. Sen esquecer que non suben ata o Hospital Clínico e deixan a persoas que van…
-
Xa levamos moitos anos así sen ter nin buscar solución …
-
Pois si colledes o FEVE, xa podedes levar algo para comer, porque vos pode dar unha hipoglucemia. Moito Ave, moito Ave, pero, en algúns sitios ainda imos a paso de boi…de ferrose fose a Madrid chegabades en 2 h
-
Contade co meu apoio. #solidaridadeferrolDende O carballiño a Ourense, q só hai 28 km, e que hai xente q imos traballar, outros a estudar, outros ao Centro de Espacialidades ou Hospita, outros a arranxar temas administrativos na Administración, outros de compras ou de lecer, temos q ir en co…As comunicacións dentro de Galicia son as dos anos 90 eo século pasado. Nin sequera entre as 7 cidades. Ou feudais con portazgos exaxerados, ou precarias ou inexistentes. Unha vergoña.
-
-
-
Unha inxustiza, que dura moitos anos.How?Gracias polo voso apoio para que Ferrol saía da Galicia Profunda….sen dúbida creo que así nos sentimos neste momento!Grazas por mostralohá que rematar contra moita moita discriminación! em moitos campos da vidaYOUTUBE.COMLA CARA OCULTA DE “AVE”, LA MAYOR RED DE ALTA VELOCIDAD DEL MUNDO POR HABITANTE
LA CARA OCULTA DE “AVE”, LA MAYOR RED DE ALTA VELOCIDAD DEL MUNDO POR HABITAN
-
CARTAZ DA MOBILIZACIÓN.
Queremos tren!
Un tren que sirva á inmensa maioría da sociedade como alternativa de mobilidade eficaz, cómoda, económica, sustentábel e de titularidade pública.
Para vertebrar o país, e non só para comunicar con Madrid.
No caso da Coruña, para vertebrar en chave metropolitana unha ampla comarca que vai máis alá de absurdas fronteiras administrativas e intereses localistas. A comezar por aqueles lugares onde xa temos as vías e a infraestrutura, antes de que as desmantelen ou as reduzan a unha simple peza de museo