bng

BNG: O noso #novoBNG xunto co novo Consello Local

Publicado el 8 junio, 2017 | Noticias, Prensa

Eliximos o novo Consello Local na Coruña en conclusión ao proceso da XVI Asemblea Nacional

Manel Méndez releva a David Pena como portavoz que deixa as súas funcións por motivos de traslado de vivenda fora de Galiza

O noso novo órgano político na localidade fica composto por 16 persoas, 9 mulleres e 7 homes, e define como traballo político prioritario a súa loita contra o espolio da cidade e a devolución gratuíta dos terreos do porto, a necesidade de seguir reclamando a xestión pública municipal do servizo de transporte, a defensa dos barrios, as políticas sociais e de defensa das maioría sociais e as políticas de emprego.

Vimos de elixir na noite deste xoves o noso novo Consello Local, como proceso derivado da celebración da XVI Asemblea Nacional.

A asemblea, que contou coa participación tanto de persoas afiliadas como de simpatizantes, aprobou por unanimidade a única proposta de lista que o propio Consello Local saínte trasladou, e na que se produce o relevo na portavocía, ao non poder continuar na mesma por traslado de vivenda fora de Galiza, de David Pena.

Deste xeito, a responsabilidade recaerá a partir de agora en Manel Méndez, que xa viña desenvolvendo as labores de organización no Consello Local, así como a organización do Grupo Municipal.

Con todo, o propio Manel destacou durante a asemblea, “que o proxecto político do BNG non se basea nas persoas que durante un determinado tempo puideran ostentar unha responsabilidade, senón na base militante, no conxunto da nosa organización, que demostrou na súa ultima Asemblea Nacional a vixencia do proxecto nacionalista e súa máis que necesaria presenza na rúa defendendo ás maiorías sociais”.

Así, o noso novo órgano político para a nosa localidade fica composto por 16 persoas, 9 mulleres e 7 homes, e conta, entre outras persoas, e a maiores do propio Manel Méndez, con Raquel Olveira, que continuará como vicerresponsabel local e con Avia Veira, actual concelleira do BNG.

Asemade, tamén na asemblea se deu conta do traballo político prioritario que o novo órgano ten na súa axenda, que pasa por continuar a loita contra o espolio da cidade e a devolución gratuíta dos terreos do porto, a necesidade de seguir reclamando a xestión pública municipal do servizo de transporte, a defensa dos barrios e a defensa das políticas sociais destinadas as maiorías sociais, así como a aposta e investimento en políticas de emprego que nunca supoñan unha merma das condición laborais e sociais da clase traballadora.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *