Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

ROGO ORAL DE JORQUERA PARA O PLENO DE NOVEMBRO

O Concello debe negociar a cesión dos terreos do Observatorio, dos que este centro xa pode prescindir

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Os terreos adxacentes ao Observatorio meteorolóxico da Coruña xa non son precisos para o desenvolvemento da función deste centro, grazas ao proceso de automatización que ten acometido.

Na contorna do Observatorio hai tamén unhas instalacións das que agora o centro pode prescindir, con excepción dalgúns aparellos de medición que só precisarían dun pequeno espazo de protección.

Sendo isto así, o razoábel é que o Concello negocie xa co Estado a cesión deses terreos, imprescindíbeis para dotar dun parque merecente de tal nome o barrio da Agra do Orzán.

Así o pensa o BNG, polo que o seu portavoz, Francisco Jorquera, vén de rexistrar un rogo oral para a súa inclusión no vindeiro Pleno do Concello da Coruña, a celebrar o primeiro xoves de novembro.

Cumpre lembrar, aliás, que a cesión dos terreos do Observatorio ao Concello figura como un dos compromisos contraídos polo PSdeG co BNG no Acordo de Investidura de xuño de 2019.

Na exposición de motivos deste rogo, salienta Jorquera que “estes terreos, dos que antes desfrutaba a veciñanza, están pechados ao acceso de veciñas e veciños desde o inicio da pandemia”.

O BNG pide, por tanto, a cesión dos terreos e tamén a súa apertura á veciñanza.

A formación nacionalista vai levar tamén este asunto ao Congreso a través do seu deputado, Néstor Rego.

 

Solidariedade cos 12 independentistas galegos e galegas que a partir desta segunda feira, día 19, van ser xulgados na Audiencia Nacional e denuncia da criminalización do independentismo.

Solidariedade soberanista a pé do Congreso cos encausados na Operación Jaro.

(Información cortesía de NÓS XORNAL)

BNG,  Bildu, CUP e Izquierda Castellana denuncian en Madrid a “montaxe” contra os 12 independentistas galegos que a partir da segunda feira van ser xulgados na Audiencia nacional.

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Solidariedade cos 12 independentistas galegos que a partir desta segunda feira, día 19, van ser xulgados na Audiencia Nacional e denuncia da criminalización do independentismo. Estas foron as dúas mensaxes principais que esta quinta feira, ao pé do Congreso dos deputados, transmitiron representantes do BNG, EH  Bildu, CUP, Izquierda Castellana, Yesca e a a Coordenadora 25S.

Con eles, Joam Peres, un dos encausados no proceso pola ‘Operación Jaro’ e que senta 12 independentistas galegos no banco da Audiencia nacional. A Fiscalía pide máis de 100 anos de prisión para eles ademais de situar sobre a mesa a ilegalización de organizacións políticas como Causa Galiza e anti represivas como Ceivar.

Peres defendeu que estas dúas organizacións actuaron sempre en “na legalidade” e rexeitou as acusacións de pertenza a banda armada e enaltecemento do terrorismo e a petición dun global de 102 anos de cárcere á que se enfrontan.

Os representantes das formacións soberanistas pediron a “absolución” para os doce independentistas e denunciaron o que consideran unha “montaxe policial e xudicial”. Néstor Rego (BNG), Bel  Pozueta (EH  Bildu) e Albert  Botrán ( CUP), este último por carta debido a que non se desprazou a Madrid polas restricións sanitarias, expresaron a solidariedade para cos encausados.

Este acto precede á manifestación nacional convocada para este domingo en Compostela e na que se demandará a absolución dos independentistas procesados. Unha mobilización á que se chega nunha vaga de solidariedade para cos 12 militantes de Causa Galiza e Ceivar.

Así, manifestaron o seu apoio aos procesados sindicatos como CIG, CUT e CNT, organizacións políticas como BNG, Anova, Causa Galiza, Agora Galiza, Esquerda Unida ou Anticapitalistas Galiza; centros sociais, entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística ou organización estudantes como Erguer e Estudantes Antifascistas.

Ademais, outro manifesto reúne xa máis de 1.600 sinaturas de xente do mundo da cultura, do traballo, de colectivos sociais ou do deporte pola absolución destes 12 independentistas.

 

Feijoo, en campaña electoral, dixo que se gañaba as eleccións resolvería o problema de #Alcoa… non se enterou, e segue sen enterarse, de que leva gobernando 11 anos.
‼️ O preocupante é que gaña as eleccións e volve a esquecerse da comarca da Mariña. O BNG non se esquece!
PREME NA LIGAZÓM:
 
COMENTA:
como que votaron no a la constitución.. QUE NO EXISTÍAN. el bng se fundó en 1982. es decir, años más tarde que la constitución… patada a la historia que le ha dado.
BNG Congreso

 posted a video to playlist Sesións plenarias.

O Pazo de Meirás, a Casa de Cornide, as estatuas de Isaac e Abraham ou a biblioteca de dona Emilia Pardo Bazán, forman parte do patrimonio incautado por Franco ao pobo galego.
✊ Estamos no camiño da recuperación deste patrimonio grazas á loita do pobo galego e do BNG.
PREME NA LIGAZÓM:
Néstor Rego

“A nosa alternativa é verdadeiramente democrática, é a construción dunha República da #Galiza soberana en que poidamos vivir con dignidade, igualdade e con liberdade. E en que poidamos vivir tamén en boa veciñanza con España. Mellor aínda, coa República española”.

PREME NA LIGAZÓM: