Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

DSC_0016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

De esquerda a dereita:

Francisco Jorquera, Avia Veira, Ana Miranda, Mercedes Queixas é Xosé Iglesias.

Xuntanza de bloqueiros.

Judas Priest dicia “Turbo for life” eiquí “BNG POLA VIDA”

BNG: Mitin Colexio Curros Enríquez (A Cruña). Avia Veira+Xosé Iglesias+Ana Miranda, 6/11/2019.

DSC_0004

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avia Veira é Xosé Iglesias.

Ana Miranda de camiño dende a Lonxa de A Cruña, parolando co PP.

DSC_0014Ana Miranda, Avia Veira é Xosé Iglesias.

DSC_0001

Manuel Monge “O pucelano tolo do BNG” é Francisco Jorquera.

DSC_0008

Rocio Gómez é Fran García Rei.

DSC_0010

Isabel Risco.

A superheroina da Galiza é forza da natureza.

 

ARTIGO BNG:

MITIN EN MONTE ALTO, CON AVIA VEIRA, ANA MIRANDA E XOSÉ IGLESIAS

“A única maneira de estarmos no Congreso como galegas e galegos é votando BNG”

Un aspecto do mitin
Un aspecto do mitin
“A cuestión non é sermos ou non sermos galegas e galegos. A cuestión é exercermos como tales e está claro que estes anos os deputados galegos das forzas estatais en Madrid non actuaron como galegas e galegos”, dixo na súa intervención no mitin de Monte Alto a concelleira do BNG Avia Veira, nun acto político no que interviñeron tamén o candidato ao Congreso Xosé Iglesias e a eurodeputada do BNG Ana Miranda

“No Congreso están Euskadi, Catalunya, Valéncia, Canarias e até Cantabria. Galiza non pode continuar ausente. Vainos a vida en termos presenza alí”, clamou a concelleira nacionalista no salón de actos do CEIP Curros Enríquez.

“Son un mariñeiro raso. Nunca votei polo PP. Sempre o fixen polo BNG porque o Bloque si defende o noso mar”. Así comezou a súa intervención Xosé Iglesias, poeta, mariñeiro e candidato nacionalista ao Congreso por A Coruña.

mitin 1

Iglesias evocou os tempos en que, hai xa logo 20 anos, A Coruña posuía unha frota de altura duns 200 barcos. “Apenas ficamos 4”, relatou, produto das políticas de destrución da pesca galega ditadas desde Bruxelas e aplicadas polo goberno español e pola Xunta. “Que necesidade temos de que nos inunden con salmón noruegués de piscifactoría? De que nos serviu entrar na UE?”, perguntouse.

Por súa parte, Ana Miranda, que viña de participar nunha conferencia debate con outras forzas políticas na lonxa coruñesa, felicitouse de que na mesa deste mitin de Monte Alto “haxa dúas mulleres”, en contraste “co debate de onte en que só había homes e en que tamén estivo ausente Galiza”.

 

mitin 2Miranda puxo en destaque que a sociedade galega sabe que alí onde está o BNG se defenden os intereses do país e chamou a votar nacionalista o 10N, entre outras cousas para frear o avanzo do fascismo. “As enquisas din claramente que o BNG vai obter o seu escano na Coruña a custa de Vox. Enchamos, pois, as urnas de votos nacionalistas para parar a ultradereita”, alegou.

www.bng.gal.