• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


🎥Eis as palabras pronunciadas por Francisco Jorquera no discurso de apertura do acto de celebración do 40 aniversario do BNG no Frontón de Riazor. Todo un canto á Coruña como cidade clave de momentos fundacionais do nacionalismo galego: de Luís Peña Novo ao alcalde Domingos Merino.

PREME NA LIGAZÓN:

https://www.facebook.com/BngACorunha/videos/1150790809168227

 

 

 

 

 

 

O BNG fixo este domingo 40 anos de vida e fíxoos na cidade e no espazo que o viu nacer, o Frontón de Riazor. 40 anos dunha organización sen a cal hoxe non se entende o noso país. 40 anos e a clara sensación –que comparten non só as persoas que ateigaron este domingo o Frontón de Riazor, senón a inmensa maioría da sociedade galega- de que o mellor está por vir, cun proxecto político sólido e unido liderado por quen se perfila xa como próxima presidenta da Xunta de Galiza, a nosa portavoz nacional, Ana Pontón.

E o Frontón de Riazor viviu esta mañá un fermoso exercicio de memoria colectiva, mais tamén de reivindicación do que somos, unha forza política ao servizo da Galiza, do pobo galego. Do que somos e do que seremos. “Chegamos aos 40 anos en plena forma. E saímos a gañar. A gañar para termos máis BNG nos concellos. Máis BNG en Europa. Máis BNG no Congreso. E para termos o BNG á fronte do goberno galego, cunha presidenta nacionalista”, clamou na súa intervención Ana Pontón.

Por súa parte, na intervención que serviu de pórtico ao acto, o voceiro do Bloque no Concello e candidato á Alcaldía en maio de 2023, Francisco Jorquera, puxo o acento nos vínculos da nosa cidade coa historia do nacionalismo galego.

“Aquí naceron as Irmandades da Fala. Aquí foi eleito concelleiro Luís Peña Novo, o primeiro edil nacionalista na historia de Galiza. E aquí resultou eleito alcalde Domingos Merino, o primeiro alcalde nacionalista dunha cidade galega após o remate da ditadura”, relatou. E aquí, neste mesmo Frontón de Riazor, fundouse hai 40 anos o BNG. “E eu estaba aquí, aínda que, teño que o recoñecer, daquela aínda non era consciente de estar a participar nun feito histórico”, dixo.

Histórico porque, resaltou, o BNG encarna o “proxecto que fai avanzar a historia do noso país”. Sen o nacionalismo “o pobo galego sería un pobo sen historia ou, no mellor dos casos, cunha historia negada”.Facer avanzar o noso país e tamén as nosas cidades e vilas. Ese é o contributo do BNG: “E nas eleccións municipais de maio temos unha grande oportunidade para seguir construíndo país”, dixo Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía, presentado por Ana Miranda como “o futuro alcalde da Coruña”.

 

A eurodeputada foi unha das oradoras do acto. Alén de Pontón e Jorquera, partillou tribuna con, por orde de intervención, Francisco RodríguezPascuala DouradoMiguel Anxo Fernández LoresNéstor RegoNoa Presas e Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova.

Puxo o ramo ao acto –que contou tamén coa animación musical de Jasper NaoNavia Rivas e Mini e co humor de Miguel Pernas e Isabel Risco– a nosa portavoz nacional, Ana Pontón. Por que o Bloque se abriu paso nestes 40 anos até se converter na forza líder da oposición e petar xa nas portas do Goberno Galego? “Porque o Bloque é máis que unha forza política. É un acto de amor a Galiza. E un sentimento”.

A líder do nacionalismo galego chamou a que nos vindeiros tempos conxuguemos fundamentalmente tres verbos: “Ensanchar, ampliar, incorporar”, visando alargar a base social do Bloque para, desde ela, conquistarmos unha Galiza nova, un país mellor, concluíu pondo fin así a un acto político que combinou a ollada ao pasado coas vistas a un futuro que xa está aquí e que o BNG se propón liderar.

 

Na descoberta da placa do 40 aniversario do BNG, Jorquera salienta os vínculos da Coruña coa historia do nacionalismo

Pontón e Jorquera, no momento de descubrir a placa
Un nutrido grupo de persoas acompañaron esta mañá a portavoz nacional e o voceiro do BNG no Concello –Ana Pontón e Francisco Jorquera– no acto de descoberta, no Frontón de Riazor, da placa conmemorativa do 40 aniversario do BNG.
PREME NA LIGAZÓN:
📽 Interpelada polos meios, Ana Pontón remarca que o Goberno Local tolerou o “pasotismo da Xunta e o Estado” ante as demandas da Coruña e garante que Francisco Jorquera Caselas será “un alcalde coas mans libres” e que lle dará á cidade “o impulso que necesita” #Jorquera2023 #ImpulsACoruña.
PREME NA LIGAZÓN: