ISABEL RISCO “BLOQUEIRA FOR LIFE”
PREME NA LIGAZÓN:
https://www.facebook.com/BngACorunha/videos/414515313648631
E ti, que fas este domingo?
A Asemblea Nacional é o máximo órgano de decisión do BNG – Bloque Nacionalista Galego, o espazo onde militantes e simpatizantes debatemos e acordamos a estratexia política do conxunto do BNG para os próximos anos e tamén onde escollemos o noso Consello Nacional, o organismo de dirección política encargado de desenvolver os acordos da Asemblea Nacional.
Cada Asemblea Nacional é tamén, ademais dun día de debates e votacións, unha xornada de encontros e reencontros, de irmandade e mesmo de festa. A deste vindeiro domingo, que por terceira vez consecutiva volve acoller a nosa cidade, chega ademais nun momento histórico para o nacionalismo galego.
Anímate e acompáñanos! Achégate o domingo ao Coliseum
A sesión de clausura vai comezar ás 19 horas. As persoas que desexen asistir terán de se inscribir previamente enviando un correo electrónico a acoruna@bng.gal.