Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

5d 
A Praza da Fariña vén de acoller a presentación dos candidatxs do BNG para as xerais pola circunscrición coruñesa.
A papeleta do BNG ten un valor duplo: dique de contención contra a dereita ultra e defensa da Galiza, destacaron nas súas intervencións Francisco Jorquera, Néstor Rego e Ana Pontón.
Ás portas do Día do #OrgulloLGBT+ lamentamos que, de novo, este ano tampouco estea a bandeira do arco da vella, símbolo internacional da loita #LGBT+, pendurada da fachada principal do Palacio Municipal en María Pita 🙁
Un xesto ao que cada ano se suman máis concellos galegos, de todas as cores políticas, que A Coruña deixou de secundar en 2019. Desde entón, o BNG vén reclamando a volta da bandeira: https://acorunha.bng.gal/…/20220701101138009980.html
A ausencia da bandeira do arco da vella prodúcese nun momento en que os discursos do odio e da intolerancia cobran forza; e xa non só como declaracións de intencións, senón mediante o acceso a gobernos e con capacidade para tomar decisións. Decisións que buscan conculcar dereitos conquistados tras moitos anos de loita, que negan a diversidade, que frivolizan coa violencia ou coa identidade das persoas. Decisións que chegan a extremos como o do concello valenciano de Nàquera, onde un acordo de goberno entre a dereita extrema e a extrema dereita vén de prohibir expresamente a exhibición da simboloxía LGBT+ ou dos lemas do feminismo en edificios municipais.
Os discursos que negan a diversidade son tamén unha forma de violencia. Unha violencia cruel que se proxecta sobre colectivos vulnerábeis cuxa situación dista moito aínda de estar normalizada socialmente a pesar dos avances legais sobre o papel. Violencia simbólica que só ten que dar un paso máis para virar en violencia da que agrede e pode chegar a matar. Por desgraza, temos exemplos ben recentes gravados a lume na nosa memoria colectiva 🙁 E así nolo recordan tamén, ano a ano, os datos do Observatorio coruñés contra a LGBTIfobia, impulsado por ALAS A Coruña, ou os casos que chegan ao Espazo Diverso da Cidade Vella, un instrumento municipal para o cal desde o BNG seguimos reivindicando máis impulso e proxección.
Frente a un clima crecentemente hostil contra as diversidades é, máis que nunca, imprescindíbel que as institucións democráticas blinden con rotundidade e convicción o seu compromiso coas persoas #LGBT+, cos seus dereitos e a súa visibilidade, mediante mensaxes políticas inequívocas e accións simbólicas visíbeis que vaian máis alá de programar determinadas actividades lúdicas ou apoiar determinados eventos festivos durante uns cantos días ao ano.
Pendurar a bandeira que simboliza todo o que representa o Orgullo na fachada principal do Palacio Municipal é confirmarlle a moitos centenares de persoas que a súa, a nosa, é unha cidade segura para que amen, sintan, se expresen e se identifiquen libres e visíbeis e que a súa principal institución de goberno, o Concello, actuará para que así sexa sempre.
Este mércores, como cada ano, vémonos nas rúas. O BNG da Coruña chama a toda a sociedade coruñesa a apoiar masivamente a manifestación que sairá ás 19.30 da Praza de Ourense. Máis que nunca, sen pasos atrás!
A Coruña orgullosamente multitudinaria!!
No Campo da Rata, ao pé do monumento deseñado por Isaac Díaz Pardo, lugar en que foron asasinadxs centos de persoas por “amar causas xustas”, o BNG realiza un acto pola memoria histórica con Ana Pontón e Iria Taibo.
Eis Francisco Jorquera Caselas: e a demanda pola Casa Cornide? U-la?
PREME NA LIGAZÓN: