• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


BENVID*S AO APOCALIPSE

NAO anunciou no 2015 que se ían desfacer, pero non pola porta de atrás, nin ás agochadas. NAO é unha banda especial, os motivos que aduciron para a disolución tampouco foron os comúns nestes casos. Pararán de tocar porque o seu nivel de autoesixencia e compromiso non lles permite continuar con este ritmo. E NAO non sabe baixar o ritmo. Pero, mentres este fin anunciado vai chegando, a súa intención é a de seguir rompendo os seus propios teitos.

SOÑAR – CREAR

Apocalipse Nao é un documental orgánico e en partes. Vaise rodando e publicando conforme vai pasando o tempo. A primeira parte anunciou o ano pasado que o fin está a chegar. Non é unha caída, non é unha morte anunciada, sinxelamente é unha conta atrás. E como non podía ser doutro xeito, estes rapaces da Estrada vano facer ao grande!

Como primeiro aviso: un doble EP (Soñar – Crear). Gravado nos meses de marzo e abril a medio camiño entre os Estudios Pousada Son de Ames (Coruña) e os Estudios Garate (Guipuzkoa).

O primeiro, Soñar, marca da casa. Producido e gravado por Iago Pico(produtor dos seus últimos traballos “Cartas no caderno” “Venceremos Nós” e a exitosa “Porque este soño é necesario para un soño” que na primeira semana pasou das 100.000 visitas en Youtube). Catro novos trallazos sonoros, cunha produción moi coidada e probablemente, o son máis potente gravado por eles. Na edición física deste álbum incluiranse “Venceremos Nós” e “Porque este soño é necesario para un soño”.

O segundo, Crear, gravado cun vello coñecido da banda; o músico e produtor Kaki Arkarazo. Con el gravaron o seu primeiro LP no 2007 “As palabras espidas”. A Kaki non fai falla preséntalo; guitarrista e compositor en bandas como M-AK, Kortatu, Negu Gorriak, Nación Reixa…e cabeza dun dos mellores estudios de gravación de Europa: Estudios Garate. Alí regresaron en marzo para fecharse durante unha intensa semana, gravando en analóxico e sen artificios, un álbum persoal e intenso. Cinco temas nos que contaron coa colaboración de músicos locais: Luken Arkarazo, cantante e guitarrista de Odolaren Mintzoa; Moraysys Silva, cantante cubana en bandas como la Travelling Brothers Big Band ou máis recentemente Still River; e Lierni Arozena á trikitixa poñendo o acento vasco a un dos temas máis singulares deste dobre álbum.

Descarga de balde do disco “Soñar” a partir do 19 de abril de 2016.
“Crear” dende o 26 de abril de 2016.
O epicentro de todo: www.nao.gal

Website
Facebook
Twitter
YouTube
Instagram
SoundCloud
Videoclip adianto de SOÑAR: “O Sol e a Treboada” by ZIWA

NAO son:

Jasper | Guitarra e voz
Gustavo Brea | Guitarra
Amós | Batería e voces.
Anxelo de Xermade | Baixo
Contratación: viva@santaguerrilla.com | 609 89 34 59
Promoción Galiza: viva@santaguerrilla.com | 647 22 52 31
Promoción Estado: backgroundnoise@backgroundnoise.es | 667 54 19 74
Copyright © 2016 Santa Guerrilla, All rights reserved.
You are receiving this email because you opted in at our website.