Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

axenda de marzo [18] no modus vivendi

comezamos un mes cargado de cousas interesantes, o mesmiño día 1, cun evento que chamamos marzo en feminino e que inclúe un mercado creativo dende as 18h, bodypainting en vivo da artista nair romero a partir das 21h e a selección musical de glitchgirl durante toda a xornada.

día 2 temos a visita de javier lópez de guereña, unha auténtica institución no panorama cultural estatal, que á parte de colaborar moitos anos co insigne javier krahe é un constructor principal e cabal da nosa historia musical máis recente.

luns 12 temos a presentación dos proxectos de martí guillem [ton-dose] e mateo mena [hipercubos] nunha dobre sesión especial de ruidos extravagantes e formas de facer inusuais a partir de instrumentos electrónicos artesanais. entrada opcional entre 10 e 3€. se queres máis info pulsa aquí.

día 15 voltamos ás sesións dobres dos xoves, que ofrecen sempre un sabor de mestizaxe intercontinental: por unha banda, botafogo, un proxecto personalísimo de borja fernández de música errante: unha delirante mestura de loucura e saber facer desenvolta no modus en formato de residencia artística. por outra, dj sincereza, que trae fusión e cumbia do outro lado do atlántico.

os venres 16 e 23 son os días que a nosa lourdes máis vai bailar, porque pincha manuele caamagno: rock and roll, garage e punk a tope.
luns 19, máis benxamín e máis celso, máis música e historias. se aínda non os coñeces, estaste perdendo unha das noites máis emocionantes do mes en compostela.
día 21 volta marzo en feminino co seu mercado creativo, esta vez enriquecido coa performance poética de constance hurlé e a pinchada da menina arroutada.
xoves 22, unha proposta máis de [VOG], o noso ciclo de música orixinal en galego, que nos trae desta volta a brais morán.  a puntiño de sacar novo disco e con moitas cousas que contarnos, é un concerto que tiñamos moitas ganas de traer á nosa cova. a noite rematará con dj sickboy, outra persoa moi querida, que se trasladará uns metros dende a borriquita de belém pra brindarnos unha sesión de vinilos e bo gusto.

xa vedes: marzo vén arrincando motores pra unha nova primavera. marzo é o mes da muller e de todos.