comezamos un mes cargado de cousas interesantes, o mesmiño día 1, cun evento que chamamos marzo en feminino e que inclúe un mercado creativo dende as 18h, bodypainting en vivo da artista nair romero a partir das 21h e a selección musical de glitchgirl durante toda a xornada.
o día 2 temos a visita de javier lópez de guereña, unha auténtica institución no panorama cultural estatal, que á parte de colaborar moitos anos co insigne javier krahe é un constructor principal e cabal da nosa historia musical máis recente.
o luns 12 temos a presentación dos proxectos de martí guillem [ton-dose] e mateo mena [hipercubos] nunha dobre sesión especial de ruidos extravagantes e formas de facer inusuais a partir de instrumentos electrónicos artesanais. entrada opcional entre 10 e 3€. se queres máis info pulsa aquí.
o día 15 voltamos ás sesións dobres dos xoves, que ofrecen sempre un sabor de mestizaxe intercontinental: por unha banda, botafogo, un proxecto personalísimo de borja fernández de música errante: unha delirante mestura de loucura e saber facer desenvolta no modus en formato de residencia artística. por outra, dj sincereza, que trae fusión e cumbia do outro lado do atlántico.
os venres 16 e 23 son os días que a nosa lourdes máis vai bailar, porque pincha manuele caamagno: rock and roll, garage e punk a tope.
o luns 19, máis benxamín e máis celso, máis música e historias. se aínda non os coñeces, estaste perdendo unha das noites máis emocionantes do mes en compostela.
o día 21 volta marzo en feminino co seu mercado creativo, esta vez enriquecido coa performance poética de constance hurlé e a pinchada da menina arroutada.
o xoves 22, unha proposta máis de [VOG], o noso ciclo de música orixinal en galego, que nos trae desta volta a brais morán. a puntiño de sacar novo disco e con moitas cousas que contarnos, é un concerto que tiñamos moitas ganas de traer á nosa cova. a noite rematará con dj sickboy, outra persoa moi querida, que se trasladará uns metros dende a borriquita de belém pra brindarnos unha sesión de vinilos e bo gusto.
xa vedes: marzo vén arrincando motores pra unha nova primavera. marzo é o mes da muller e de todos.