Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

           CASA CORNIDE,

    PATRIMONIO DA CIDADE

casacornide

   A Casa Cornide, situada na Cidade Vella da Coruña, fronte á Colexiata de Santa María forma parte do espolio dos vencedores –despois do levantamento militar e fascista do 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo e demócrata da II República – o mesmo que o pazo de Meirás e os terreos da Solana e Hotel Finisterre. É un pazo urbano do século XVIII (entre 1750 e 1760), que foi residencia de José Cornide, investigador, humanista, historiador e patriota galego, que morreu en 1803. No século XIX acollera a casa consistorial e dependencias municipais e foi mercado en 1957 polo Ministerio de Educación, que a cedeu ao concello mediante permuta por outros terreos.

   Carmen Polo, esposa de Franco, quería unha residencia no centro da Coruña para non ter que desprazarse a Meirás cando visitaba Galiza, así que organizaron todo para apropiarse da Casa Cornide mediante poxa pública, celebrada o 2 de agosto de 1962 ao mellor ofertante, e nunha actuación amañada coa intervención do concello, ministerio de Educación, Facenda e significados franquistas e empresarios. Adxudicada a Pedro Barrié de la Maza por 305.000 pesetas (presentouse tamén na poxa-farsa o falanxista José Luis Amor Fernández, subxefe do Movemento). Despois foi cedida a Carmen Polo, como figura na escritura. O Pleno do concello da Coruña de 8 de xaneiro de 2018 aprobaba unha moción do BNG, apoiada por Marea Atlántica e PSOE e abstención do PP, esixindo a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da Coruña, instando a Xunta e Goberno do Estado á eliminación dos dereitos hereditarios a efectos tributarios.

   Sempre en defensa do patrimonio público, a Comisión Aberta en Defensa do Común vai realizar unha serie de actividades para conseguir a recuperación da Casa Cornide para uso público e patrimonio da Coruña.

     martes, 13 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras

                     (rúa Sinagoga da Cidade Vella)

Participarán:

Carlos Babío, autor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio

Anxo Varela, da Asociación de Veciños da Cidade Vella

Antía Rocha, da CRMH

Felipe Senén, da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia

Xosé Manuel Sande, concelleiro de Cultura

Presentará o acto: Rosa Quiroga, de Defensa do Común

FOTO CARMEN POLO CORTESÍA DE ABC.ES

FOTO CASA CORNIDE CORTESÍA DE PÚBLICO.ES