Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Ana_Miranda_2014

O BNG de Oleiros convida a un “viño e un petisco” para festexar a proximidade do Día da Patria Galega

Ana Miranda, portavoz nacionalista na Unión Europea, participará este mércores 19 ás 20.30 nun “faladoiro informal” no Mesón Maruxa de Mera

Oleiros, 17/07/2017.- O BNG-Asembleas Abertas de Oleiros organiza para este mércores 19 de xullo, por vez primeira na súa historia, un acto aberto para conmemorar a proximidade do Día da Patria Galega. Será por medio dun “faladoiro informal”, arredor dun viño e un petisco, a partir das 20.30 horas no Mesón Maruxa da localidade de Mera (Rúa Doutor Fleming, 2).

A través deste acto, ao que está convidada toda a veciñanza que se queira achegar, o BNG desexa animar a participar tanto no Festigal, que se celebra, como cada ano, os días 24 e 25 de xullo no recinto do Campus Sur de Compostela, como na manifestación do Día da Patria Galega, que sairá o 25 ás 12 da mañá da Alameda, e no xantar posterior da Carballeira de San Lourenzo da capital galega.

No acto deste mércores en Mera participará, xunto co concelleiro nacionalista Fran Rei, a portavoz do BNG en Europa e membro da Executiva Nacional Ana Miranda, quen proximamente ocupará o escano do Parlamento europeo da coalición Os Pobos Deciden, da que fai parte o BNG.

Máis información: Fran Rei (tfno. 679 721 687)