Nerys Raquel Campos
TÓDOLO MUNDO CONHECE A SÓCRATES, MAIS NON A ASPASIA DE MILETO QUE FOI A SÚA MESTRA E QUE PERMITIU QUE A CHAMASEN PROSTITUTA PRA FILOSOFAR COS HOMES.
Segundo Platón, Aspasia formou parte dos círculos intelectuais e políticos do seu tempo e foi unha experta na retórica.
A orixe xonio de Aspasia pode explicar tanto o seu estilo de vida ceive coma a súa formación intelectual.
Aspasia foi parella de Pericles e mestra de retórica no círculo do mesmo. Dise que escribiu a famosa pregaria fúnebre de Pericles do ano 430, e sae nos Diálogos de Platón coma mestra de Sócrates. Esquines, no seu diálogo socrático “Aspasia” menciónaa coma mestra sofista.
Aspasia axuntaría os roles de dona e de hetaira (prostituta), dado que só por iste status, podía xuntarse aos círculos masculinos da sociedade ateniense; tamén foi mestra de oratoria, segundo pódese ler no Menexeno de Platón.
Plutarco acepta que Aspasia foi unha figura senlleira, tanto política coma intelectualmente, e amosa o seu abraio pro unha muller que foi capaz de «dirixir ao seu antollo aos principais homes do estado e ofrecía aos filósofos a conxuntura de rifar con ila en termos alporizados e durante moito tempo»
Ao fin a subxugan a un xuízo de impiedade por deturpar ás mulleres de Atenas, do que saíu indemne; ao redor diso hai quen supón que se desenvolveu o comezo movemento de emancipación feminina.
FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://www.worldhistory.org/
TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

