Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

56541981_10210734426235522_1008336159345999872_n

AS PRIORIDADES DE “GALICIA EN COMÚN”/PODEMOS
Xa coñecíamos o que representaba o vello sucursalismo de PP e PSOE. Infelizmente nos últimos tempos tivemos moitas ocasión de comprobar o que dá de si o novo sucursalismo da chamada “nova política”. Onte aínda apareceu o deputado de Podemos, Gómez Reino, en roda de prensa para explicar a posición das dúas representantes de “Galicia en común” sobre a investidura de Pedro Sánchez. Adiviñades cales foron as condicións que colocou sobre a mesa para votaren a favor? Unha Axenda Galega e social completa? Recuperar os 2.000 millóns de euros en investimento no noso País? Unha saída para Alcoa? A solución definitiva aos problemas da industria electrointesiva para salvar millares de postos de traballo? O sanemamento das rías? A recuperación do Pazo de Meirás? A suba da pensión mínima? Máis bolsas para investigación? O recoñecemento da Galiza como nación e os dereitos que lle corresponden? A normalización da nosa lingua na Administración do Estado? Pois NON. A única condición que puxo é “que haxa un goberno de coalición”. Quer dicir, que Podemos entre no goberno. Os problemas e intereses da Galiza poden seguir esperando, como xa aconteceu nos catro anos anteriores. Máis unha constatación, se fixese falta, de que a representación galega das forzas españolas -todas elas- se limita a defender e votar o que mandan desde Madrid. Máis unha constatación tamén, se aínda for preciso e parece que si, de que só unha forza nacionalista como o BNG, plenamente soberana, coloca sempre por diante os intereses do noso País. Tomemos nota para o presente e para o futuro.

https://www.facebook.com/nestor.rego