Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

🌺🌺🌺 ATENCIÓN! Con moita ilusión, anunciamos a ESTREA de As Mapoulas, o 17 de Abril no Teatro Colón ás 20:00h.

👉Próximamente, entradas á venda na seguinte ligazón: http://www.teatrocolon.es/es/evento/as-mapoulas/

AS MAPOULAS.
Mulleres libres de Monte Alto/As Atochas. Casas refuxio.

Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual.

A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dorado, panadeira anarquista de 25 anos, e na súa casa refuxio na rúa do Carme nº6, na cidade da Coruña. A historia remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial.

Creación, dirección e dramaturxia: Carmen Cotelo | Guión: Carmen Cotelo e Helga Méndez | Música en escea: Miguel González | Coreografía: Alba Fernández | Xiro libre: Aida Kaena |Creación musical: Iván Doval e Miguel González. Colaboracións musicais: Elisa Medina (“Los suspiritos”), Julio Cuns (guitarra e efectos) | Creación poética: Xaquín Silva | Iluminación: Raquel Castro | Escenografía, audiovisuais, deseño gráfico e impresión: Laura Sánchez e Tono Galán (manchea) | Documentación: Patricia Ramos, Helga Méndez, Colectivo Refuxios da Memoria e AC Alexandre Bóveda. Premio Luisa Villalta 2021 a proxectos pola igualdade da Deputación da Coruña.

Intérpretes: Alba Fernández, Miguel González e Carmen Cotelo.

“Que non aparecen na historia universal, senón nas páxinas de sucesos da prensa local. Os ninguéns, que custan menos que a bala que os mata”. E. Galeano.

#estrea #AsMapoulas #mullereslibres #mullereslibertarias #premioluisavillalta2021 #LaboratorioEscénico #teatro #danza #música #audiovisual