As composicións de Antilia teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock sinfónico e aportacións do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encasillamento. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público e van mais alá dos lugares comúns.
Influencias que van dende Bob Dylan a Joni Mitchell, pasando por referentes como Billie Holiday, Amalia Rodrigues, Jose Afonso e Caetano Veloso, Antilia naceu escoitando a Madredeus, pero tamén a King Krimson, Led Zeppelin e Mike Oldfield, bebendo de Amancio Prada e Jei Noguerol.
Antilia – Meu Amigo
ANTILIA presentou o seu primeiro traballo “norte e sur”. 18 de xullo na Praza da Leña, Pontevedra. Noli Torres, Pablo Vidal, Jose Churruca e María Costas, cos reforzos de Luis Felipe Fernández (saxo e teclados) e Carlos Castro (percusións).