nosdiario
Doce anos despois e tras fracasar o acordo entre Anova e esquerda española -aínda en decembro, Beiras e o seu núcleo máis próximo desbotaron a oferta de Sumar para encabezar Noriega a candidatura impulsada pola esquerda española-, Noriega e Pontón, tras conversas ao máis alto nivel entre as partes que non se fixeron públicas, escenifican o domingo o achegamento das dúas forzas nacionalistas.
Daquela, o ex portavoz da formación frontista Xosé Manuel Beiras saíu do BNG, xunto aos ‘irmandiños’, entre os que se atopaba o propio Noriega, para logo asinar un pacto coa esquerda española, en que desenvolveu un papel relevante a hoxe ministra de Traballo e líder de Sumar, Yolanda Díaz, coa que compartiron espazo en Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), que nas eleccións de outubro de 2012 conseguiu 200.101 votos (13,99%), que se traduciron en 9 escanos no Parlamento da Galiza.
Para apoiar a sinatura do acordo, presenza das Executivas. Xosé Manuel Beiras, Rubén Cela, Antón Sánchez ou Néstor Rego e Goretti Sanmartín, entre outros e outras. Un acordo a dous niveis, por unha parte, “xuntar forzas” cara ao 18-F favorecer ese “cambio que a Galiza precisa con urxencia”. Por outra, pór en andamento “un proceso destinado a redimensionar nos vindeiros anos o soberanismo galego”.
📝X. M. P.
📸Álvaro Ballesteros / Europa Press
📲Le a información completa no link da nosa bio:
• Aquí podes lerNÓS e subscribirte para apoiar un xornalismo independente ⬇️