Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VERBAS DE ANGELES DORRIO.

https://www.facebook.com/angeles.dorrio

Por fin teño os CDs 📀 nas miñas mans. O traballo que hai detrás deste momento só o coñecen os que o pasan. Grazas 🙏🏽 de corazón💜 a todas as persoas que o fixeron posible 🤩 Vendereinos directamente.

Sara Vázquez Lorenzo

Angeles Dorrio ten novo disco! O conseguido froito do traballo duro no musical e persoal e dese precioso tándem que forma xunto a Carmen Rey, guía e luz na xestación. Escoita e desfruta!

(Foto cortesía de Lestonnac Ibañez Vilas)

https://www.facebook.com/sara.vazquezlorenzo

 

 

Angeles Dorrio
Estreamos decembro con SELEGNA 📀 xa dispoñibel pra escoitar e adquirir en plataformas dixitais
Déixovos ista fermosa escrita de Sara Vázquez Lorenzo coma presentación. 🎶

“A cantante e compositora Ángeles Dorrio presenta o seu segundo traballo de estudo coma solista, un EP con catro temas titulado “Selegna”.
Con raízes afundidas no neo soul, a artista acariña o jazz en “Parks”, unha reivindicación do legado da activista negra que se negou a ceder o seu lugar a un branco; soa ceive e rotundo en “Don´t need”, un himno ao empoderamento; bota unha ollada ao folclore galego en “Terra de Muller”, unha crítica á desigualdade apoiada por un coro de mulleres e o son da pandeireta; e aperta a herdanza musical familiar nunha habanera, “La Perla”, que comeza cunha gravación a capella da súa avoa pra fundirse con estilos que chegan a Norteamérica.
Despois dun tempo de reinvención, de ter que “dar a volta”, Dorrio rescata un xogo infantil e escolle o seu nome ao revés coma título nunha metáfora que soa coma a lúa, un círculo que se pecha no tempo.
A cantante fai gala da súa gran mestría técnica e aproveita os innumerabels matices da súa cálida voz de contralto ao longo dos catro temas, gravados baixo a produción de Carmen Rey nos Estudios Disquesí, con Rey ao piano e Antón Torroncho ao fronte dos arranxos. ao baixo, Fernando Fraga as guitarras e Diego Puga na batería. O EP tamén conta coas colaboracións de Pablo Añón ao saxo alto e frauta, Olga Kirk á pandeireta e o coro Sisters in the House ”.

 

Terra de Muller 🎬⬇️
PREME NA LIGAZÓN:

Terra de Muller 🖤

Primeiro single do novo E.P. de Ángeles Dorrio “ Selegna”.

Por fin 🙏🏽podo amosar iste primeiro single do meu novo traballo. Unha canción composta dende o corazón. Compartide se vos presta. Agardo vos guste e captedes a esencia do traballo audiovisual do gran @pablo_goluboff

Grazas a Carmen Rey, Fernando Fraga, Antón Torroncho, Diego Puga, Pablo Añón, Olga Kirk, Disquesi, Raul Lorenzo, Alba L. Figueredo y mis queridas Sisters In The House.

Angeles Dorrio.
Ista é a segunda canción extraída do meu novo E. P. “Selegna” que sairá o 1 de decembro. Chámase “La Perla” e é unha Habanera
do século pasado que con agarimo recuperamos e personalizamos.
Istá adicado á memoria da miña avoa materna cuxa voz abre o tema. Grazas @carmenreymusica polo marabilloso arranxo musical e por acompañarme así ao piano. Escóitao con auriculares se podes.
A gravación, mestura e masterización é de @disquesistudio

Espero que chegue a ti 💓
Grazas 🙏🏽

LA PERLA.

PREME NA LIGAZÓN:

https://www.instagram.com/p/CWx5grqF1Vp/ 

VERBAS DE CARMEN REY.

Con orgullo móstrovos Ista canción que forma un anaco do novo disco de “Selegna” de Angeles Dorrio onde eu participei co piano e a reharmonización, e onde Ángeles derramou todo o seu corazón!!! É unha versión moi persoal dunha canción con tradición!!! Dende o respecto e con moita sensibilidade preséntovos:
“LA PERLA” de Ángeles Dorrio.

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/carmen.rey.52

Foto Carmen Rey cortesía de: