Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

20 de febreiro de 2023.

ana_mirandapaz

Hoxe marcho a #Palestina⤵️
En xunio de 2015 fun deportada por Israel despois de asaltar o barco humanitario da Flotilla Internacional rumbo a Gaza. Despois de 7 anos de prohibición de entrada, entro agora como eurodeputada @obloque na Delegación de Palestina do Parlamento Europeo.
Irei contando dende os Territorios Ocupados e Gaza.

 

Ana Miranda participa na misión oficial do Parlamento Europeo que nos vindeiros días se desprazará a Palestina

A eurodeputada do BNG manterá encontros coas autoridades palestinas e ONG defensoras de dereitos humanos.
PREME NA LIGAZÓN PRA MÁIS INFORMACIÓN:
‼️Expulsión por Israel como eurodeputada que formaba parte da misión oficial da Delegación de Relacións con Palestina do Parlamento Europeo:
-20.35h do 20 de febreiro: chegada do voo de Madrid a Tel Aviv.
-20.55h: paso do control de fronteiras con dous eurodeputados socialistas. A César Luena deixano pasar, a Nicolás González Casares non e pidennos a ambos que pasemos a outro recinto. Corenta minutos despois deixano pasar. A min dinme que non podo e que deben consultar co Ministerio de Exteriores de Israel. Explico que son eurodeputada, que estou en misión oficial…nada lles importa.
-21.55h: empezan as chamadas oficiais con preocupación. Os responsables da Delegación de Relacións de Palestina do PE, a Delegación da UE en Xerusalén..Aviso á Executiva Nacional do BNG de que pode haber problemas.
-00.35h: Sigo agardando nun espazo cheo de xente que leva tamén horas agardando para entrar. Chaman do Gabinete da Presidenta do Parlamento Europeo moi preocupados pola situación.
-2.35h: mandánme pasar a unha oficina e con moi malas maneiras e falla de respeito e arrogancia mandándome calar e preguntando que era o Parlamento Europeo e acusándome de participar na Flotilla,
comunican que o Ministerio de Interior non autoriza a entrada. Entre por Palestina,berra a policía con bulra!
-3.35h: periplo polo aeroporto en varias instancias de control e check in para mandarme no primeiro avión a Madrid que sae ás 6.15h
Estou indignada, apenada e considero que esta afrenta diplomática ten que ser denunciada. Porque non é comigo, é con un membro eleito do Parlamento Europeo. Fanme pagar o prezo de vir na Flotilla, o prezo de defender os Dereitos Humanos do Pobo palestino e de denunciar a política de apartheid que practica Israel, o.prezo de denunciar os asesinatos, as detencións arbitrarias, os asentamentos e as demolicións de escolas e casas das e dos palestinos….
Prometin que voltaria a Palestina e estaba segura que esta vez, como eurodeputada, entraría. De feito, en Bruxelas deron a autorización oficial. Non se entende nada e precisamos explicacións e denuncia.. Non puido ser tampouco esta vez.
Son as 04h e esto moi cansa, sen dormir, acabo de por fin xantar algo e agora agardando o voo, é profundamente inxusto. Israel non perdoa. Mais a min non me dan medo e seguiremos apoiando ao Pobo Palestino. Enviaremos nota de prensa de denuncia do BNG nas primeiras horas da mañá.
FALA ANA MIRANDA.
PREME NA LIGAZON:
Estou xa en Madrid moi cansa despois de non dormir en toda a noite e coa presión das palabras de desprezo, mais firme nos principios e disposta q denunciar. Un despropósito e un escándalo diplomático, que se está a denunciar xa no Congreso e no Parlamento Europeo polo Bloque.
Moi agradecida por tanta solidariedade e afecto 🌷 Chego ao aeroporto de Vigo hoxe ás 1645 e convocamos ali aos medios de comunicación.
VIDEO.
PREME NA LIGAZÓN:
Comunicado da Presidenta do Parlamento Europeo sobre a expulsión de Israel como eurodeputada que integraba a misión oficial do Parlamento Europeo a Palestina.

BNG condena a expulsión de Ana Miranda no aeroporto de Tel Aviv cando se dirixía a Palestina en misión oficial da Eurocámara

Ana Miranda: “Que non me deixen entrar é o prezo de defender os dereitos humanos, denunciar a ocupación e o apartheid de Israel co Pobo Palestino”

MÁIS INFORMACIÓN:

PREME NA LIGAZÓN.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-condena-expulsion-ana-miranda-aeroporto-tel-aviv-cando-dirixia-palestina-mision-oficial-da-eurocamara/20230221103640034309.html?utm_medium=social&utm_source=facebook&utm_campaign=share_button&fbclid=IwAR0ULaRT_0kGRV9JEP1XiPh1IM-rlEP0msx2h60Bi6XEtEJpIl_6rcHq1M4